Cabilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este artigo trata da rexión da Alxeria. Para o pobo, vexa pobo cabilio. Para a lingua, vexa Lingua cabila.
Bandeira da Cabilia.

A Cabilia[1] é unha área montañosa no norte de Alxeria. Os seus habitantes (os cabilas) chámana en cabila Tamurt Idurar (Terra de Montañas) ou Tamurt Leqvayel (Terra dos Cabilas). Forma parte do Cordal do Atlas e está localizada á beira do Mar Mediterráneo. Cabilia cobre varias vilaias de Alxeria: a totalidade de Tizi Ouzou e Buxía, a maioría de Bouira e parte das vilaias de Bordj Bou Arreridj, Jijel, Boumerdes, e Setif.

A colonización francesa[editar | editar a fonte]

Mulleres cabilias, 1886.

O área foi pasando gradualmente a control francés dende 1857, espertando unha vigorosa resistencia levada a cabo pola poboación local dirixida por líderes como Lalla Fatma n Soumer, continuando máis tarde coa rebelión de Cheikh Mokrani en 1871. Moitas terras foron confiscadas neste período ás tribos máis recalcitrantes e dadas ós pied-noirs franceses. Foron levados a cabo moitos arrestos e deportacións polos franceses, principalmente a Nova Caledonia. A colonización tamén acelerou a chegada de emigrantes tanto de dentro do país como de fóra del.

Os traballadores alxerinos en Francia organizaron o primeiro partido que promoveu a independencia nos anos 20. Messali Hadj, Imache Amar, Si Djilani, e Belkacem Radjef gañaron rapidamente un grande seguimento tanto en Francia como en Alxeria nos anos trinta e desenvolveron activamente militantes que volvéronse vitais nun futuro para construír unha Alxeria independente e loitadora.

Durante a guerra de independencia (1954-1962), a Cabilia foi unha das áreas que foi máis afectada, debido á importancia do maquis (axudados polo terreo montañoso) e á represión francesa. A FLN recrutou a varios dos seus líderes históricos alí, entre eles Hocine Aït Ahmed, Abane Ramdane, e Krim Belkacem.

Política[editar | editar a fonte]

A rexión de Cabilia
  • Dous partidos políticos dominan na Cabilia e teñen o seu principal apoio alí: a Fronte de Forzas Socialistas, liderado por Hocine Aït Ahmed, e o RCD, liderado por Saïd Sadi. Ámbolos dous son secularistas, Berberistas e "Alxerianistas".
  • O Arouch, creado durante a Primavera Negra de 2001 como un renacemento da forma tradicional cabila de organización democrática, a asemblea de vilas. O Arouch comparte en grande parte os mesmos puntos de vista políticos que o FFS e o RCD.
  • O MAK (Movemento pola Autonomía da Cabilia) emerxeu durante a Primavera Negra, e é unha asociación política que loita pola autonomía da Cabilia.

Cabilas famosos[editar | editar a fonte]

Artistas[editar | editar a fonte]

Lalla Fatma N'Soumer
  • Abderrahmane Abdelli, músico.
  • Isabelle Adjani, actriz, de pai cabilio e nai alemá.
  • Rabah Asma, cantante.
  • Sliman Azem, cantante.
  • Djur Djura, grupo feminino de música.
  • Mohya, poeta do folclore cabila, e actor.
  • Lounis Ait Menguellet, cantante.
  • Idir, cantante.
  • Lounes Matoub, cantante berberista e secularista asasinado en 1998.
  • Si Mohand, poeta tradicional cabila.
  • Édith Piaf, cantante, avóa materna cabila.
  • Daniel Prévost, actor, de pai cabila.
  • Salah Sadaoui, cantante.
  • Takfarinas, cantante.
  • Sinik, rapeiro.

Figuras da resistencia e da revolución[editar | editar a fonte]

  • Colonel Amirouche, loitador revolucionario, morto polas tropas francesas en 1959.
  • Krim Belkacem, loitador revolucionario, asasinado en 1970.
  • Belkacem Radjef, nacionalista e revolucionario (1909-1989).
  • Abane Ramdane, loitador revolucionario, asasinado en 1957.
  • Lalla Fatma N'Soumer, muller que levou os cabilas occidentais á batalla contra os colonizadores franceses.

Políticos[editar | editar a fonte]

  • Belaïd Abrika, un dos portavoces do Arouch.
  • Hocine Aït Ahmed, revolucionario alxeriano e político secularista.
  • Nordine Ait Hamouda, político secularista e fillo de Colonel Amirouche.
  • Ferhat Mehenni, político e cantante que milita pola autonomía da Cabilia.
  • Ahmed Ouyahia, Primeiro Ministro de Alxeria
  • Saïd Sadi, político secularista.
  • Sidi Said, líder da unión de traballadores de Alxeria: UGTA.
  • Khalida Toumi, feminista e secularista, ministra actualmente no goberno alxeriano.

Deportistas[editar | editar a fonte]

Zinedine Zidane
  • Tarek Benhabiles, tenista profesional.
  • Omar Kouidri, boxeador.
  • Mohammed Zaaf, ciclista no Tour de France.
  • Zinedine Zidane (1972– ), futbolista nado en Francia, pero fillo de inmigrantes cabileños.
  • Rabah Madjer, xogador de fútbol.

Líderes relixiosos[editar | editar a fonte]

Escritores[editar | editar a fonte]

  • Tahar Djaout, escritor e xornalista asasinado polo Grupo Armado Islámico en 1993.
  • Mouloud Feraoun, escritor asasinado pola OAS.
  • Fadhma Amrouche, escritor e poeta cristián.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cabilo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Paisaxe da Cabilia.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mohamed Dahmani, Economie et Societe en Grande Kabylie (Alger: Office des Publications Universitaires, 1987)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cabilia&oldid=5195102"