CaixaBank

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Caixabank")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
CaixaBank, S.A.
Torre de CaixaBank.jpg
Oficinas de CaixaBank na Avinguda Diagonal de Barcelona
TipoBanco
Fundación2011
LocalizaciónRúa Pintor Sorolla 2-4 Valencia
Persoas claveIsidre Fainé Casas (presidente)
Número de empregados31.948 (2013)
Páxina webwww.caixabank.com
editar datos en Wikidata ]

CaixaBank é un banco español con sede en Valencia. Está participado maioritariamente, aproximadamente nun 59%,[1] pola Fundación Bancaria "la Caixa" (a través de Criteria CaixaHolding).

CaixaBank é herdeiro da actividade financeira e bancaria da Caixa d'Estalvis i Pensions de Barcelona, máis coñecida como "la Caixa".

Historia e características[editar | editar a fonte]

CaixaBank agrupa o negocio bancario, asegurador e algúns dos investimentos do Grupo "la Caixa". Anteriormente a empresa denominábase "Criteria CaixaCorp S.A." e tiña un papel de entidade de investimento de capital dentro do grupo, non obstante, o 1 de xullo de 2011, no marco da reestruturación do sistema financeiro en España, decidiu cambiar a súa denominación por "CaixaBank S.A." así como a súa función dentro da estrutura financeira do grupo, pasando a englobar a actividade bancaria do conxunto empresarial.

CaixaBank é herdeiro da actividade financeira e bancaria que ata o momento da súa creación viña exercendo a Caixa d'Estalvis i Pensions de Barcelona ("la Caixa") sendo agora o responsable de xestionar as oficinas, carteira de clientes, capital e activos que ata ese momento eran propiedade da caixa. Esta entidade tamén agrupa o negocio de seguros e reaseguros como propietaria única do VidaCaixa Grupo, ademais dos investimentos en banca internacional e en Telefónica e Repsol.

A pesar de que, tras a segregación do negocio da caixa de aforros, a actividade en banca minorista e comercial non a desempeña xa a extinta caixa, CaixaBank continúa utilizando nas súas sucursais e nas súas comunicacións publicitarias o pseudónimo comercial "la Caixa", deixando a marca "CaixaBank" só para fins institucionais.

A 31 de decembro de 2013, CaixaBank contaba cunha rede de 5.730 oficinas, 9.597 caixeiros automáticos, un equipo de 31.948 empregados e 13,6 millóns de clientes. Xestionaba un volume total de negocio bancario de 510.835 millóns de euros, cuns recursos totais de clientes de 303.604 millóns de euros e uns activos de 340.190 millóns de euros,[2] sendo a terceira entidade española por volume de activos (a primeira, se só se teñen en conta os activos en España).[3]

Cotiza na Bolsa de Madrid (CABK) e forma parte do índice IBEX 35.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=CaixaBank&oldid=5135618"