Calçotada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Calçots na grella

A calçotada é unha xuntanza gastronómica para comer calçots, unha variedade de cebolas tenras típicas de Cataluña. Ten a súa orixe na vila de Valls, onde se celebra dende 1982 a finais de xaneiro a calçotada máis coñecida..[1] As calçotades fanse dende finais do inverno ata marzo ou abril, dependendo da temporada.[2]

O primeiro prato do menú típico dunha calçotada son os calçots, normalmente entre 10 e 20 por persoa, servidos en tellas para manter a súa temperatura, coa salsa típica que as acompaña, a salvitxada, ou tamén con romesco. Despois é habitual comer carne á brasa con torradas, acompañada de viño tinto ou cava.

Como os calçots hai que servilos tal como saen da grella e hai que pelalos e mollalos na salsa, nos últimos anos, sobre todo nos restaurantes, é costume poñerse un babeiro para non manchar a roupa, pero tradicionalmente esta peza non se utilizaba.

Historia[editar | editar a fonte]

A orixe desta comida crese que està na vila de Valls, na provincia de Tarragona. A finais do século XIX un campesiño (pagès) desta cidade, coñecido como Xat de Benaiges, descubriu unha forma especial de facer crecer a cebola branca: plantábase de maneira que só quedara medio tapada e a medida que iba crecendo engadíase terra para tapala. Esta acción, que se coñece como calzar (en catalán calçar), é a que dá nome ao calçot.

Aínda que en Valls e comarca a calçotada celébrase dende principios do século XX, esta xuntanza comezou a popularizarse a partir da segunda metade do século pasado. Co paso dos anos converteuse nunha comida típica da comarca do Alt Camp e das comarcas veciñas, como o Tarragonès, o Baix Camp, a Conca de Barberà ou o Penedès. Hoxe en día esta tradición está moito máis estendida por toda Cataluña, chegando tamén a Mallorca e a Cataluña do Norte, en Francia.

Preparación[editar | editar a fonte]

Antes de cocer os calçots, quítanse as follas máis longas e córtase parte da raíz. A continuación, sen lavalos nin quitarlles a terra, póñense na grella sobre o fogo. Unha vez cocidos envólvense en papel de periódico para que acaben de abrandarse e manteñan o calor. Acostúmanse a servir envoltos e enriba dunha tella.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ajuntament de Valls (ed.). "Gran Festa da Calçotada". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2016. 
  2. Ara, ed. (25-01-2015). "Valls reivindica os seus calçots". 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Calçotada&oldid=4847162"