Camila Bossa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Camila Bossa
Nome completoCamila Bossa Pereira
Nacemento1973
LugarBogotá, Colombia
NacionalidadeColombia e España
EtniaPobo galego
ProfesiónActriz
editar datos en Wikidata ]

Camila Bossa Pereira, nada en Bogotá (Colombia) en 1973, é unha actriz galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla da actriz Pilar Pereira. Comezou actuando en 1994 no teatro universitario en Santiago de Compostela. En 1996 apareceu no programa da TVG Luar e en Pratos combinados, mais o seu éxito definitivo foi no papel de Belinda en Mareas vivas, que interpretou durante case catro anos entre 1999 e 2002.

Posteriormente interveu na serie As leis de Celavella. Formou parte do elenco de Matalobos co personaxe de Adriana, que lle valeu o Premio Mestre Mateo 2009 á mellor interpretación feminina secundaria.

Filmes[editar | editar a fonte]

  • Aproba!, 1994 (curtametraxe)
  • A caixa negra, 1998 (curtametraxe)
  • Décimo aniversario, 1998 (mediametraxe)
  • Tanto ten, 2000 (curtametraxe)
  • Inútil, 2001 (curtametraxe)
  • O ano da carracha, 2004 (longametraxe)
  • Heroína, 2005 (longametraxe)
  • O don da dúbida, 2005 (longametraxe)
  • Bechos raros, 2006 (curtametraxe)
  • A xinecóloga, 2008 (curtametraxe)
  • A noite que deixou de chover, 2008 (longametraxe)
  • A mariñeira, 2008 (telefilme)
    • Audiencia:
      • Galicia (07-May-2008): 62.000 espectadores (12,9%)[1]
      • Cataluña (21-Jun-2008): 172.000 espectadores (7,5%)[2]
  • Conciencias tranquilas, 2009 (curtametraxe)
  • O club da calceta, 2009 (telefilme)

Televisión[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Título Resultado
2008 Mellor actriz A mariñeira Nomeada
2009 Mellor actriz secundaria Matalobos Gañadora
2010 Mellor actriz secundaria 18 comidas Nomeada
2011 Mellor actriz secundaria Matalobos Gañadora

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Camila_Bossa&oldid=4768497"