Campo da Leña (A Coruña)
Coordenadas: 43°22′23″N 8°23′47″O / 43.37306, -8.39639
O campo da Leña é unha zona urbana da cidade da Coruña. Actualmente está dividido en dúas prazas: a praza de España e a praza das Atochas. É un dos puntos fundamentais do barrio de Monte Alto.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
O campo da Leña era no que se celebraban mercados de forma regular.[2] O nome proviña das mulleres que vendían alí a leña que recollían.[1] Por este motivo a principios do século XX chegouse a formular a idea de construír nesta zona o novo mercado en lugar de en Santo Agostiño.[2]
No mesmo lugar tiñan lugar ademais execucións, polo que tamén recibía o nome popular de “campo da Forca”.[3][4] Alí foi executado Juan Díaz Porlier en 1815, que é lembrado nun monumento de Francisco Escudero[5] inaugurado en 1986.[6][7]
A construción dun edificio dividiu o campo en dúas partes, bautizadas como “praza de España” e “praza de Millán-Astray”, na que se colocou un monumento a este xeneral que foi retirado o 22 de xaneiro de 2010.[8] En 2011, coa reforma da área recuperouse a nomenclatura “campo da Leña”.[9]
En 2015 cambiouse o nome da praza de Millán-Astray polo de “praza das Atochas”.[10]
A rúa que arrodea o colexio Grande Obra da Atocha foi bautizada en 1999 como Baltasar Pardal Vidal, que fundou a institución e do que tamén existe un monumento.[11]
Entroido[editar | editar a fonte]
O campo da Leña, no que remata a rúa da Torre é un dos puntos fundamentais do entroido da Coruña.[12]
Arquitectura[editar | editar a fonte]
Na praza das Atochas ten a súa fachada principal o cuartel de Atocha, construído en 1864.[13][14]
Entre os edificios catalogados no campo da Leña están:[15]
- Nº 10 da praza de España, edificio de Eduardo Rodríguez-Losada (1910).
- Nº 11 da praza de España, edificio de Faustino Domínguez Coumes-Gay (1895).
No campo da Leña existiu ata 1947 unha capela dedicada a San Roque.[16][17]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,01,1 "Monte Alto: legado cultural". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2016. Consultado o 12 de setembro de 2016.
- ↑ 2,02,1 Garrote Recarey, María (2011). "A Coruña 1900: la eclosión de la ciudad moderna" (PDF). Minius (en castelán) (Ourense) (19): 201–229. ISSN 1131-5989. Consultado o 12-9-2016.
- ↑ Nombres de quita y pon
- ↑ Rivas, Manuel (1-7-2007). "O librepensamento coruñés". El País. Consultado o 12-9-2016.
- ↑ Francisco Escudero. Escultor
- ↑ Jefe de guerrillas en León durante la ocupación napoleónica
- ↑ Porlier revive en el Campo da Leña
- ↑ El concello de A Coruña retira la estatua de Millán Astray
- ↑ Ayer y hoy del Campo da Leña
- ↑ La plaza de Millán Astray ya es oficialmente Praza das Atochas
- ↑ Baltasar Pardal: Una vida dedicada a la Grande Obra
- ↑ O Entroido, unha "festa intocable" da cidadanía coruñesa
- ↑ Patrimonio galego
- ↑ Ficha en Turgalicia
- ↑ "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ Coumes-Gay, Antonio (1877). Guía de La Coruña (en castelán). Consultado o 12-9-2016.
- ↑ La desaparecida ermita de San Roque
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
|