Canal Nou Dos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Canal Nou Dos foi a segunda canle da Televisión Valenciana, pertencente ao grupo da Ràdio Televisió Valenciana (RTVV). Tiña vocación de servizo público e orientada a un público máis esixente. Caracterizábase polo seu contido cultural, divulgativo e deportivo. A súa oferta televisiva contaba con espazos infantís, coma Babaclub i Sambòrik, informativos, documentais, culturais (Encontres), deportivos (Minut a Minut) e con outros programas que pretendían a divulgación da cultura e tradicións valencianas. Canal Nou Dos emitía integramente en valenciano, a diferenza de Canal Nou que alternaba o valenciano e o castelán.

A súa audiencia estaba entre o 1 e o 3 % da cota televisiva.

Inicio de emisións e cobertura[editar | editar a fonte]

Comezou as emisións regulares na festa do 9 de outubro de 1997 co nome de "Notícies 9", posteriormente cambiou de imaxe e marca pasando ao ser: "Punt Dos". O pasado 9 de outubro de 2005 cambiou de imaxe facéndoa máis moderna e dinámica. En setembro de 2010 cambiou de imaxe e marca pasando ao seu nome actual: Canal Nou Dos.

Centro de Produción de Programas[editar | editar a fonte]

O Centro de Produción de programas de TVV atopábanse en Burjassot (València), nunha parcela de 30.000 m², as instalacións ocupan aproximadamente 20.000 m². A principios do ano 2006 o director xeral do ente RTVV presentou o proxecto de ampliación das instalacións, co novo edificio de Canal Nou Dos, Ràdio Nou e Sí Ràdio. Tamén tiña redacción en Castelló de la Plana e o segundo Centro de Produción de Programas en Alacant.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Canal_Nou_Dos&oldid=4847473"