Cancioneiro da Biblioteca Vaticana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
V 438: Sedia-m'eu na ermida de San Simión e cercaron-mi as ondas, que grandes son…

O Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (códice Vat. Lat. 4803), tamén coñecido como V,[1] é unha colectánea de 1200[2] cantigas medievais escritas en galego-portugués (cantigas de amigo, de amor e de escarnio e maldicir), que se conserva na Biblioteca Apostólica Vaticana de Roma.

Características[editar | editar a fonte]

Cancioneiro portuguez da Vaticana, Teófilo Braga, 1878.

É un manuscrito cartáceo copiado conxuntamente co Colocci-Brancuti por orde de Angelo Colocci no final do século XV ou ben nos primeiros anos do XVI. Está composto por 228 folios de 300 por 220 mm. numerados do 1 ao 10 e despois novamente de 1 a 200, e tamén de 18 folios sen numerar, con frecuentes lagoas. A escritura é cursiva e irregular, parece que foi feita pola man dun amanuense non profesional que empregou unha tinta especialmente corrosiva, encontramos aínda unha outra man á que debemos as rúbricas atributivas e as postilas -menos numerosas que no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B)- identificábel coa de Colocci. Hai indicios de que entre B e V mediou un outro manuscrito cuxa elaboración sería tamén dirixida polo humanista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tavani, Giuseppe, A poesía lírica galego-portuguesa, 2ª ed., Ed. Galaxia, 1988, p. 56.
  2. Monteagudo, Henrique et al. Tres poetas medievais da ría de Vigo. Galaxia. 1998, p. 51.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cancioneiro_da_Biblioteca_Vaticana&oldid=5107224"