Carl Schleicher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carl Schleicher
NomeCölestin Schleicher
Nacemento1825
 Lviv
Falecemento2 de outubro de 1903
 Padua
EidoPintura
MovementoRealismo
Influenciado porFerdinand Georg Waldmüller
Carl Schleicher signature.jpg
editar datos en Wikidata ]

Carl Schleicher, sendo o seu nome de nacemento Cölestin Schleicher[1], nado en Lemberg (Lviv), Imperio Austríaco, no ano 1825 e finado en Padua, Reino de Italia, o 2 de outubro de 1903[1][2], foi un pintor realista do século XIX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desenvolveu a súa obra principalmente en Viena entre os anos de 1860 e 1870. Foi alumno do pintor austríaco Ferdinand Georg Waldmüller[1]. Particularmente coñecido polos retratos de rostros e o intercambio de ideas e interpretacións entre os rabinos talmudista, adicándolle unha cantidade considerable de cadros ó óleo[3]. Cargadas de material anecdótico, as pinturas dedicadas ós debates talmúdicos constitúen un valioso rexistro dos usos e costumes dos xudeus asquenacís en Europa, cultura e acervo coñecidos como Yiddishkayt[4].

As pinturas de Cölestin Schleicher caracterízanse por seren non só considerablemente descritivas, senón ademais por capturar con incomparable agudeza a atmosfera de estudo que rexía a vida dos talmudistas: estudo por certo non exento de seriedade e dedicación, incluíndo interesantes diálogos e ideas sorprendentes, pero tamén contradicións problemáticas, discusións interminables e un humor desopilante.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Beim Rabbi 
Der Bücherwurm 
Ein lesender Mönch 
Ein schreibender Mönch 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,2 Pintura e acuarelas do século XIX: Carl (Cölestin) Schleicher, na páxina web Dorotheum (comprobado o 14 de maio de 2015)(en inglés).
  2. Carl Schleicher na páxina web Arcadja (comprobado o 13 de maio de 2015)(en inglés).
  3. Entre eles destacan Eine Streitfrage aus dem Talmud [Unha controversia calquera a partir do Talmud], Rabbi gelehrten in einer Debatte [Rabinos debatendo], Talmudische Diskussion [Discusión talmúdica], Eine Frage der Dispute im Talmud [Un asunto talmúdico en disputa] e Ein Talmudstreit [Unha disputa talmúdica]; os títulos das súas obras aquí enumerados correspóndense con aqueles dos seus traballos exhibidos en MutualArt (comprobado o 13 de maio de 2015).
  4. Valiosa mostra porque a maior parte das comunidades asquenacís de Europa e a súa diversidade cultural perdéronse como consecuencia da Shoah.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carl_Schleicher&oldid=5159549"