Carmen Balboa López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carmen Balboa López
Nome completoCarmen Balboa López
Nacemento1915
 Malpica de Bergantiños
Falecemento20 de abril de 1998
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra
editar datos en Wikidata ]

Carmen Balboa López, nada en Malpica de Bergantiños en 1915 e finada na Coruña o 20 de abril de 1998, foi unha mestra galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmá menor de Benjamín Balboa López. Foi mestra nacional. Vivía en Santiago de Compostela. Coñeceu a Manuel Ponte Pedreira en 1945 cando foi detido o seu irmán Jesús Balboa. Posto Jesús en liberdade condicional, e ante o temor a ser novamente detido, fuxiu ao monte. Para axudar ao seu irmán Carmen converteuse en enlace da guerrilla, creando con Isabel Ríos unha rede de apoios. Cando caeu María Pérez, a muller de Foucellas, o 13 de marzo de 1946, Carmen foi detida. Ingresou na Prisión Provincial da Coruña o 17 de abril de 1946 e foi procesada na Causa 159/46. Pasou dous anos nas prisións da Coruña e País Vasco. O 25 de novembro de 1947 saíu en liberdade condicional e instalouse en Santiago, inhabilitada como mestra. Volveu exercer como mestra en Bamiro de 1961 a 1973 e despois no Colexio Labarta Pose de Baio de 1973 a 1980.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Roberto Veloso Gómez en 1962.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carmen_Balboa_López&oldid=5078248"