Casa do Carballo de Galdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A casa do Carballo de Galdo é unha vivenda situada na parroquia de Galdo (Viveiro), na estrada que vai desde Viveiro a Lugo.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Adquirírana o Mariscal Pardo de Cela e a súa muller Inés de Castro na década de 1450, e foi unha das residencias preferidas polo mariscal. Xunto co seu terreo, foi un dos moitos bens incautados polos Reis Católicos cando axustizaron o mariscal. Inés de Castro reclamouno, e despois da súa morte a casa foille devolta á súa filla Beatriz xunto co Coto de Cajorro, como se explica na Relazón da Carta Executoria:

a primeira facenda que lle deron posesion, foy o lugar do Carvallo do Galdo, en vouz, é nome de toudos mays bes.

Sábese que desta leira podían sacarse nun ano dez toneis de viño.[Cómpre referencia]

Foi proposta ao Concello de Viveiro para a Ruta de Pardo de Cela.



Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Casa_do_Carballo_de_Galdo&oldid=5063334"