Casiano Pérez Batallón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Casiano Pérez Batallón
Casiano Pérez Batallón.JPG
Nacemento12 de agosto de 1839
 Sarria
Falecementoxullo de 1903
 Sarria
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Casiano Pérez Batallón Losada, nado en Sarria o 12 de agosto de 1839 e finado na mesma vila a principios de xullo de 1903,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no colexio de Monforte e na Universidade de Santiago de Compostela, rematando a carreira de Dereito na Universidade Central (1864). Exerceu a avogacía e foi nomeado oficial da administración civil (1866). Foi elixido deputado polo distrito de Lugo nas eleccións de 1867. Durante o Sexenio Democrático retornou a Sarria onde exerceu a avogacía. Na Restauración militou no Partido Conservador, foi deputado provincial e volveu ser elixido deputado a Cortes polo distrito de Lugo nas eleccións de 1879 e 1884. Foi elixido senador pola provincia de Lugo en 1886 e en 1891.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 3-7-1903, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Casiano_Pérez_Batallón&oldid=5305060"