Castelanismos léxicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os castelanimos léxicos son aqueles que se deixan sentir no apartado léxico dentro da lingua galega.

Graos[editar | editar a fonte]

Pódense establecer varios grupos de castelanismos léxicos:

Castelanismo adaptado á fonética galega[editar | editar a fonte]

Influencias léxicas do castelán son as que consisten na introdución de formas castelás aínda que disfrazadas baixo a aparencia de formas galegas:

  • *conexo (coello),[1] *parexa (parella),[1] *antoxo (antollo), *baraxa (baralla),[1] *lentexa (lentella), *almexa (ameixa), *burbuxa (burbulla), *concexal (concelleiro), *partixa (partilla), *pegaxoso (pegañoso/pegañento), *rodaxa (toro), *xaula (gaiola), *desaiuno (almorzo), *ventaxa (vantaxe), *proiecto (proxecto), e outros.

Castelanismo pleno[editar | editar a fonte]

A substitución directa e errónea da forma galega pola castelá:

  • *salud (saúde), *iglesia (igrexa), *pueblo (vila, pobo), *persona (persoa), *barniz (verniz), *embudo (embude, funil), *cacerola (cazarola), *abuelo/abuela (avó/avoa), *adiós (adeus), *ballena (balea), *bellota (belota, landra), *mesilla (mesa de noite), *peine (peite), *polvo (po), *viúdo (viúvo), *ardilla (esquío), *salir (saír), *helado (xeado), *acera (beirarrúa),[1] *arcén (beiravía),[1] *asco (noxo),[1] *autopista (autoestrada),[1] *ayer (onte),[1] *calle (rúa), [1] *carreteira (estrada),[1] *cerveza (cervexa),[1] *colilla (cabicha),[1] *cucaracha (cascuda),[1] *cuchara (culler),[1] *cuchilo (coitelo),[1] *cuna (berce),[1] *dios (deus),[1] *encía (enxiva),[1] *escoba (basoira),[1] *gafas (lentes),[1] *granizo (sarabia),[1] *grifo (billa),[1] *grúa (guindastre),[1] *gusano (verme),[1] *laguna (lagoa),[1] *lexía (lixivia),[1] *lexos (lonxe(,[1] *relámpago (lóstrego),[1] *riñón (ril),[1] *rodilla (xeonllo),[1] *sartén (tixola),[1] *tenedor (garfo),[1] *testigo (testemuña),[1] *tixeira (tesoira),[1] *tobillo (nocello),[1] *tornillo (parafuso), *muñeca (pulso), e outros.

Castelanismos aceptados ou préstamos[editar | editar a fonte]

Prestamismo son os castelanismos considerados correctos na norma estándar:

  • tortilla, guerrilla, bocadillo, e outros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,001,011,021,031,041,051,061,071,081,091,101,111,121,131,141,151,161,171,181,191,201,211,221,231,241,251,261,271,281,291,301,311,321,331,34 Celia Díaz Núñez, Mercedes Seixo Pastor (2017). Lingua galega e literatura. 2º ESO. Editorial Anaya. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Xosé Graña Núñez (1993). Vacilacións, interferencias e outros "pecados" da lingua galega. Vigo: Ir Indo. ISBN 84-7680-148-3. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Castelanismos_léxicos&oldid=5183578"