Castelanismos ortográficos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Denomínase castelanismo ortográfico ao emprego dunha ortografía incorrecta no idioma galego por interferencia do idioma español. Coñécense tamén co nome de préstamos innecesarios, xa que a lingua galega conta con palabras propias para referirse ao mesmo concepto. Diferéncianse así dos préstamos necesarios, que incorporan ao seu léxico termos procedentes doutras linguas cando non existe termo para a mesma no idioma propio. Os castelanismos ortográficos son as interferencias máis habituais na lingua galega. Outros intrusismos ortográficos poden ser os anglicismos e os lusismos.

En 1982 a Real Academia Galega creou unhas normas ortográficas acorde coa etimoloxía dos vocábulos. Porén, pola interferencia co castelán.[1]

Exemplos de castelanismos ortográficos[editar | editar a fonte]

Por substitución v/b[editar | editar a fonte]

  • barrer (varrer)
  • maravilla (marabilla)
  • cobarde (covarde)
  • boda (voda)[2]
  • abogado (avogado)[2]
  • móvil (móbil)[2]
  • automóvil (automóbil)[2]
  • inmóvil (inmóbil)[2]
  • abó (avó)[2]

Por adición/supresión do h[editar | editar a fonte]

  • húmero (úmero)
  • armonía (harmonía)[2]
  • hirmán (irmán)[2]
  • hola (ola)[2]
  • hombro (ombro)[2]
  • hinchazón (inchazón)

Por substitución y/i[editar | editar a fonte]

  • Tuy (Tui)
  • yoga (ioga)[2]

Por adición de acento gráfico (e cambio da posición do acento tónico)[editar | editar a fonte]

  • parásito (parasito)
  • atmósfera (atmosfera)
  • acné (acne)
  • albúmina (albumina)

Outros[editar | editar a fonte]

  • kilómetro (quilómetro)[2]

Préstamos innecesarios[editar | editar a fonte]

  • altavoz (altofalante)
  • corbata (gravata)
  • chicle (goma de mascar)
  • camilla (padiola)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Interferencias e desviacións da norma." (PDF). Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  2. 2,002,012,022,032,042,052,062,072,082,092,102,11 Celia Díaz Núñez, Mercedes Seixo Pastor (2017). Lingua galega e literatura. 2º ESO. Editorial Anaya. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Castelanismos_ortográficos&oldid=5183596"