Castro de Lourido (Viveiro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°36′43″N 7°35′24″O / 43.611871, -7.590043

Castro de Lourido (Viveiro)
ParroquiaChavín
ConcelloViveiro
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27066013
Cronoloxía
Extensión estimada1,2 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Lourido é un castro situado na parroquia de Chavín, no concello lugués de Viveiro.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Consta dun recinto fortificado do cal se conserva só un reducido sector de muralla polo lado sueste. A muralla ten unha altura considerable e completa a estrutura defensiva un foxo paralelo á muralla. O sector noroeste do recinto deféndese de forma natural pola pendente sobre o río Landro.

O lugar atópase moi alterado a causa da súa utilización como canteira.

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Catálogo. PXOM de Viveiro. Setembro do 2010.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Castro_de_Lourido_(Viveiro)&oldid=4884619"