Catarina de Valois-Courtenay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Catarina de Valois-Courtenay
Catherine of Courtenay.jpg
Nacemento18 de novembro de 1301
 Siena
Falecemento20 de setembro de 1346
 Nápoles
SoterradaIgreja de São Domingos Maior
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpolítica
PaiCarlos de Valois
NaiCatarina de Courtenay
CónxuxeFilipe I de Tarento
FillosLouis, Prince of Taranto, Roberto de Tarento, Filipe II de Tarento e Margaret of Taranto
IrmánsJoan of Valois, Countess of Beaumont, Branca de Valois, Joana de Valois, Condessa de Hainaut, Margarida de Valois, Isabella of Valois, Duchess of Bourbon, Maria de Valois, Isabelle of Valois, Duchess of Brittany, Filipe VI de França, Charles II, Count of Alençon e Louis of Valois
editar datos en Wikidata ]

Catalina de Valois, nada en Siena en 1303 e finada en Nápoles en 1346, foi emperatriz titular de Constantinopla desde 1308 até a súa morte, princesa rexente de Acaia desde 1332 a 1341, e gobernadora de Cefalonia de 1341 até o seu último día de vida.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu como a segunda filla e primeira muller do matrimonio formado por Carlos de Francia, conde de Valois e a súa segunda esposa, a Titular do Imperio Latino de Constantinopla, Catalina de Courtenay. Entre os seus numerosos medios-irmáns figuran o rei de Francia, Filipe VI, o conde Carlos II de Alençon, Isabel, duquesa de Borbón e Branca, quen foi esposa do emperador Carlos IV.

A pesar do título que posuía tras a morte da súa nai, a cidade fora conquistada en 1261 polo Imperio de Nicea. Desde o deceso da súa nai, o seu pai, Carlos de Valois, encargouse de reclamar os títulos da súa filla.

En 1313 contraeu matrimonio con Filipe I de Tarento, Rei de Albania e príncipe de Tarento, o cal é asociado aos dereitos ao trono imperial, e retén o título até a súa morte acaecida en 1332. Morto este, o maior dos fillos do matrimonio, Roberto de Tarento, herdou Tarento sumado ao ano seguinte a Acaia. A idade de Roberto (tiña 13 anos) elevou á súa nai a rexencia, polo que 'Catarina de Valois seria rexente destas terras o resto dos seus días.

En 1339, ela e o seu fillo chegaron a Acaia, tomando inmediatamente parte esencial no goberno desta zona en constante conflito. Catalina deu refuxio a Nicéforo II Orsini, rexente do Epiro e concedeulle todo o apoio que puido na súa guerra contra Andrónico II Paleólogo, inimigo da dinastía Courtenay, a quen desposuíu de Constantinopla. En 1341 o seu fillo foi declarado maior de idade, polo que se afastou da rexencia, malia manter o título até a súa morte. No seu retiro o seu fillo nomeouna gobernadora de Cefalonia, cargo que había exercer os cinco anos que lle restaban de vida.

Catarina de Valois e o seu esposo tiveron cinco fillos:

  • Roberto de Tarento (1319–1364), Príncipe de Tarento e Acaia, e Emperador Titular de Constantinopla (como Roberto II).
  • Luís de Tarento (1320–1362), Príncipe de Tarento e Rei de Nápoles pola súa esposa Xoana I
  • Margarita (1325–1380), casada co Rei de Escocia Eduardo Balliol e máis tarde con Francisco de Baux, Duque de Andria. Dela descende a Casa de Baux que reclama o trono imperial, extintos os Anjou-Tarento.
  • María (1327).
  • Filipe II de Tarento (1329–1374), rei de Albania, príncipe de Tarento e Acaia, e emperador titular de Constantinopla.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Catarina_de_Valois-Courtenay&oldid=4919217"