Celia González Pernas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Celia González Pernas
AlcumeCelia da Ferrería
Falecemento21 de xuño de 1949
 Silán, Muras
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistência
editar datos en Wikidata ]

Celia González Pernas, Celia da Ferrería, finada en Silán (Muras) o 21 de xuño de 1949, foi unha guerrilleira antifranquista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enlace da guerrilla. A caída de José Porto Lestegás e Benedicto Escourido Cobo precipitou a subida ao monte. Foi abatida nun enfrontamento coa Garda Civil en Forcón (Silán, Muras) o 21 de xuño de 1949 con José Pedreira de la Iglesia, Juan Gallego Abeledo, Juan Pérez Dopico e Josefa Escourido Cobo. Situada fora da cabana cando se iniciou o cerco, caeu morta no primeiro intercambio de disparos. Estaba embarazada de oito meses.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. pp. 134–135. ISBN 978-84-8341-166-7. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Celia_González_Pernas&oldid=4657785"