Centristas de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Centristas de Galicia
Historia
Fundación1985
Disolución1991
Posicións políticas
IdeoloxíaGaleguismo

Centristas de Galicia foi un partido político galego activo na provincia de Ourense entre 1985 e 1991. Xurdiu como escisión de Coalición Galega, aglutinaba a unha boa parte dos alcaldes da provincia procedentes da antiga UCD, presentouse en coalición co Partido Popular á maioría das eleccións, partido no que acabaría integrándose. Nas eleccións municipais de 26 de maio de 1991 formou con outras forzas a Converxencia Nacionalista Galega que acadou 137 concelleiros e 52.196 votos [1][2]. En referencia á preparación do Congreso extraordinario de integración no PPdG Manuel Fraga Iribarne dixo que o nacionalismo ben entendido daba un gran paso [3].

Victorino Núñez que chegou a ser Presidente do Parlamento de Galicia e Xosé Luís Baltar, presidente da Deputación de Ourense tras a marcha do anterior, foron os seus principais dirixentes. En 1991 desaparece e intégrase no Partido Popular. No 2004, Xosé Luís Baltar dicía[4] que pensaba en facer renacer este partido debido ós seus problemas co goberno de Fraga.

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Centristas_de_Galicia&oldid=5183392"