Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel.jpg
Fronte da Biblioteca "Juan Compañel"
CidadeVigo
Inauguración25 de marzo de 2010
Sitio WebCentro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo alberga unha das coleccións máis amplas de libros de temas feministas no Estado Español. Creouse en 2010, está localizado no segundo andar da Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel. Depende da Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Foi inaugurado o 25 de marzo de 2010 e creouse a partir dos 8.500 títulos, 150 revistas e 930 pezas audiovisuais recompilados durante 25 anos polo Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín.[2][3] A este material que data desde os anos 80 súmase o fondo documental da Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo.[4]

Taller Wikimulleres, aprendendo a editar na Wikipedia en español e na Wikipedia en galego, febreiro de 2019.

Actividades[editar | editar a fonte]

O centro de documentación, situado na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou ao persoal especializado.[1]

Ademais dos servizos de atención directa ou telemática, sala de lectura, préstamo e asesoramento documental, o centro realiza actividades de extensión cultural, exposicións, animación, lectura, charlas, debates e obradoiros.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Centro_de_Documentación_e_Recursos_Feministas_de_Vigo&oldid=5119880"