Chía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chía
Salvia hispanica jd alp 0.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Lamiales
Familia: Lamiaceae
Subfamilia: Nepetoideae
Tribo: Mentheae
Xénero: Salvia
Especie: S. hispanica
Nome binomial
'Salvia hispanica'
L.
Chía (Salvia hispanica).
Flor.

A chía (Salvia hispanica) é unha planta herbácea da familia das lamiáceas (coma o liño e a sarxa), nativa de Guatemala e das rexións central e austral mexicanas[1][2] (e Colombia[3]), coñecida polos seus grans nutritivos: as sementes de chia. Hai evidencia de que os aztecas cultivaban o vexetal en tempos precolombianos presente no Códice Mendoza, datado do século XVI, documento no cal tamén se mencionaba a súa relevancia agrícola na época.[4]

Máis coñecida pola súa semente, que se comercializa directamente, moída ou en forma de aceite, a chía tamén ten follas que poden ser aproveitadas para infusións.[5] É rica en minerais, aminoácidos esenciais e omega 3.[3][5][6] Saliéntase frecuentemente o seu potencial para previr doenzas cardiovasculares, diabetes e até tumores, alén de axudar na perda de peso.[2][7][8][9][10]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra chía deriva da palabra do náhuatl chian, que significa "oleoso, aceitoso".[1] Disque o estado mexicano de Chiapas podería ter a orixe do seu nome tamén a partir da lingua náuatle, que significa "auga de chía" ou "río de chía".

É unha das dúas plantas coñecidas como chía, sendo a outra Salvia columbariae, esta tamén denominada chía dourada.

Semente de chía[editar | editar a fonte]

A semente da chía posúe formato oval e "diámetro" de aproximadamente 2 mm.[11] É visibelmente a principal parte da planta nos ámbitos comercial e gastronómico.

Características nutricionais[editar | editar a fonte]

A semente da chía é, ás veces, considerada un alimento funcional dadas as súas características compositivas. O seu efecto mucilaxinoso (o de absorber e reter unha cantidade significativa de auga, como un emulsificante), debido á alta concentración de fibras, fai da chía interesante para quen busca enmagrecer, posto que pode intensificar a sensación de saciedade.[9]

A importancia nutricional da semente de chía óllase na seguinte lista:

  • Omega 3: a semente da chía é unha das máis ricas fontes coñecidas (tanto entre as vexetais coma entre as animais) do ácido alfalinolénico, un dos ácidos graxos clasificados como omega 3.[2][5]
  • Calcio: cinco veces a concentración do mineral atopada no leite de vaca.[5]
  • Magnesio: 100 gramos da semente de chía pode conter o mesmo que 200g do mineral presente nas noces[3] ou 1,6 Kg de brócoli,[9] por si só considerados alimentos ricos no nutriente.[12][13]
  • Manganeso e fósforo: 100 gramos de chía contén 108% do manganeso e 95% do fósforo demandados por un adulto nunha dieta de 2.000 quilocalorías/día.[14]
  • Proteínas: 15% da composición da chía é proteica, sendo os seus aminoácidos, en conxunto, formadores de alto valor biolóxico. Só 28 gramos da semente fornecen 9% da proteína que un adulto demanda, de media.[14]
  • Fibras: a alta concentración de fibras alimenticias (38 gramos de cada 100) fai da chía un aliado do enmagrecemento e na boa dixestión.
  • Antioxidantes: a presenza do flavonoide kaempferol e, en menor cantidade, os ácidos cafeico e cloroxénico presentes provén á chía efecto antioxidante comparábel ao que presenta o Trolox, antioxidante comercial da Hoffmann–La Roche.[15]

Aplicación culinaria[editar | editar a fonte]

A semente de chía, cando se utiliza de maneira integral, pode ter diversos usos culinarios. Úsase coma emulsificante, tornando os líquidos máis próximos dun xel; tamén liga as masas.

Receitas que poden incluír a semente de chía son os pudins, pans, tortas, quiches, mousses, cremas, patés, rissottos, ensaladas de froitas, zumes etc.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 "Salvia hispanica L.". GRIN Taxonomy for Plants (en inglés). Departamento de Agricultura dos Estados Unidos. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2014. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  2. 2,02,12,2 Mundo Verde (9 de novembro de 2011). "Chia: uma verdadeira aliada da saúde". Blog Mundo Verde. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  3. 3,03,13,2 "Nutricionista fala sobre nutrientes e benefícios da semente de chia". G1 MG, g1.globo.com. 15 de outubro de 2011. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  4. CAHILL, Joseph P. (2003) Ethnobotany of Chia, Salvia hispanica L. (Lamiaceae) Economic Botany. Volume 57. Edición 4. 604-618 DOI:10.1663/0013-0001(2003)057[0604:EOCSHL]2.0.CO;2
  5. 5,05,15,25,3 Isabell Shipard (6 de abril de 2009). "Chia: Crop Potential and Uses" (en inglés). The Permaculture Research Institute of Australia. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  6. Thaís Manarini (2011). "Chia, o grão pró-saúde". Revista Saúde (343). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  7. Giselli Souza; Merie Gervásio (22 de febreiro de 2012). "R7 testa a chia, a semente que elimina gordura". entretenimento.r7.com. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  8. Chris Bertelli (16 de setembro de 2011). "Chia é a nova promessa para emagrecer". iG Saúde. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  9. 9,09,19,2 Fernanda Reis (15 de febreiro de 2012). "Semente de chia é a nova aposta para perder peso". Folha.com. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  10. Leopoldo Rosalino (2 de novembro de 2011). "Chia é a semente que elimina gordura". MdeMulher. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  11. "Sementes de Chia (Salvia hispânica)". alquimiaalimentar.com. 9 de xuño de 2010. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  12. João Carlos Labruna (11 de julho de 2007). "Magnésio, nutriente essencial ao organismo". Copacabana Runners. Consultado o 23 de marzo de 2012. 
  13. Mark Frediani (24 de agosto de 2011). "Os benefícios do brócolis e sugestões de pratos". Portal Beleza Revelada. Consultado o 23 de marzo de 2012. [Ligazón morta]
  14. 14,014,1 "Nutrition facts - Seeds, chia seeds, dried". USDA SR-21 (en inglés). Condé Nast Publications. Consultado o 23 de marzo de 2012. 
  15. REYES-CAUDILLO, E; TECANTE, M.A. VALDIVIA-LÓPEZ. (31 de agosto de 2007). "Dietary fibre content and antioxidant activity of phenolic compounds present in Mexican chia (Salvia hispanica L.) seeds". Science Direct (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Chía&oldid=5018544"