Chaim Weizmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chaim Weizmann
Weizmann 1948.jpg
Presidente de Israel
Período1 de febreiro de 1949 - 9 de novembro de 1952
SucesorItzhak Ben-Zvi
Datos persoais
Nacemento27 de novembro de 1874 e 17 de novembro de 1874
 Motol, Belarús
Falecemento9 de novembro de 1952
 Rehovot
OrganizaciónTzionim Klalim
CónxuxeVera Weizmann
Alma mátersen etiquetar, Universidade Técnica de Darmstadt, Universidade de Friburgo e Universidade Técnica de Berlim
Profesiónquímico e político
RelixiónXudaísmo
Chaim Weizmann Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Chaim Azriel Weizmann (hebreo: חיים עזריאל ויצמן Hayyim Azri'el Vaytsman, ruso: Хаим Вейцман Khaim Veytsman), nado o 27 de novembro de 1874 e finado o 9 de novembro de 1952, foi un líder sionista e home de estado de Israel que exerceu como presidente da Organización Sionista e máis adiante como primeiro presidente de Israel.

Comezou o seu mandato o 16 de febreiro de 1949 e permaneceu no cargo ata a súa morte en 1952. Foi Weizmann quen convenceu ao goberno dos Estados Unidos de América para que recoñeceran o novo Estado de Israel.

Weizmann tamén desenvolveu no campo da bioquímica o proceso da fermentación acetona-butanol-etanol, que produce a acetona a través da fermentación bacteriolóxica. O seu método de produción da acetona foi de gran importancia na produción de propelente do explosivo de cordita para a industria de guerra británica durante a primeira guerra mundial.[1] Fundou o Instituto Weizmann de Ciencias en Rehovot e foi unha das figuras clave na creación da Universidade Hebrea de Xerusalén.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Presidente de Israel

Segue a:
non tivo (1º presidente)
Chaim Weizmann
Precede a:
Itzhak Ben-Zvi
Tzionim Klalim

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Chaim_Weizmann&oldid=5227926"