Charles Dias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Charles
Charles Dias.JPG
Charles no 2015
Información persoal
Nome completo Charles Dias de Oliveira
Nacemento 4 de abril de 1984 (35 anos)
  Belém do Pará
Nacionalidade Brasil
Altura 1,77 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Málaga
Número 9
Carreira xuvenil
Santos
Tuna Luso
2001–2002 Feirense
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2004 Feirense 50 (11)
2004–2010 Pontevedra 188 (56)
2007 → 2 de Mayo (cedido) 13 (1)
2010–2012 Córdoba 68 (22)
2012–2013 Almería 44 (32)
2013–2015 Celta de Vigo 58 (15)
2015– Málaga 35 (12)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 15 de maio de 2016.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

Charles Dias de Oliveira, nado en Belém (Pará) o 4 de abril de 1984, é un futbolista brasileiro. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Málaga CF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira deportiva no Santos e no Tuna Lusa. En 2001 fichou polo Clube Desportivo Feirense de Portugal, onde xogou tre anos, acadando o Campeonato Nacional da 2ª Divisão e o ascenso á Liga de Honra. Na tempada 2003/04 xogou 30 partidos e marcou 3 goles, fichando nese verán polo Pontevedra CF, que acababa de ascender á segunda división. Disputou 33 partidos, metendo 6 goles. Na tempada seguinte, xa en segunda B, marcou 13 goles en 38 partidos. Na tempada 2006/07 converteuse nun dos piares do equipo xunto cos seus curmáns Yuri e Igor de Souza, acadando o campionato de Liga e a Copa Federación, na que meteu 8 goles.

En xullo de 2010 fichou polo Córdoba Club de Fútbol, metendo na tempada 2010/11 15 goles na Liga Adelante. No verán de 2011 fichou pola UD Almería, coa que acadou o ascenso a primeira división na tempada 2012/13, converténdose no máximo goleador da Liga Adelante con 32. En xuño de 2013 fichou polo Celta de Vigo[1].

En xuño de 2015 fou traspasado ao Málaga CF tras unha segunda tempada en Vigo na que perdeu peso no equipo, perdendo a titularidade en favor de Joaquín Larrivey. A operación pechouse por unha cifra en torno aos 500.000 euros máis varibeis en función de obxectivos[2].

Club Tempada Categoría Encontros Goles
Clube Desportivo Feirense 2003/2004 Campeonato Nacional da 2ª Divisão 30 3
Pontevedra CF 2004/2005 Segunda 33 6
Pontevedra CF 2005/2006 Segunda B 38 13
Pontevedra CF 2006/2007 Segunda B 32 10
Pontevedra CF 2007/2008 Segunda B
Pontevedra CF 2008/2009 Segunda B
Pontevedra CF 2009/2010 Segunda B 38 13
Córdoba CF 2010/2011 Segunda 36 15
Córdoba CF 2011/2012 Segunda 33 8
UD Almería 2012/2013 Segunda 46 32
Celta de Vigo 2013/2014 Primeira 30 12
Celta de Vigo 2014/2015 Primeira
Málaga CF 2015/2016 Primeira

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Charles_Dias&oldid=5070516"