Chicho Sánchez Ferlosio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chicho Sánchez Ferlosio
Nacemento8 de abril de 1940
 Madrid
Falecemento1 de xullo de 2003
SoterradoCemiterio de La Almudena
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantautor, escritor, anarcosindicalista e poeta
PaiRafael Sánchez Mazas
IrmánsRafael Sánchez Ferlosio e Miguel Sánchez-Mazas Ferlosio
editar datos en Wikidata ]

José Antonio Julio Onésimo Sánchez Ferlosio, máis coñecido como Chicho Sánchez Ferlosio, nado en Madrid o 8 de abril de 1940 e finado o 1 de xullo de 2003, foi un cantautor español.

Era fillo do escritor e membro fundador de Falange Española Rafael Sánchez Mazas, irmán do escritor Rafael Sánchez Ferlosio e mais do matemático e filósofo Miguel Sánchez-Mazas Ferlosio, ademais de tío do xornalista Máximo Pradera.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Compuxo unha gran cantidade de cancións que non chegou a gravar el mesmo pero que si o fixeron outros intérpretes, como Rolando Alarcón, Joan Baez, Soledad Bravo, Víctor Jara ou Quilapayún. Algúns destes temas pasaron a formar parte do folclore popular, como "Gallo rojo, gallo negro", "La hierba de los caminos", "La quinta brigada" ou "A la huelga".

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Chicho_Sánchez_Ferlosio&oldid=4618266"