Cipriano Alvite Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cipriano Alvite Alonso
editar datos en Wikidata ]

Cipriano Alvite Alonso, nado en Porto do Son e finado na Coruña o 9 de agosto de 1936, foi un carpinteiro, sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carpinteiro. Socio do Centro de Estudios Sociales Germinal. Secretario do Sindicato Único da Construción da CNT. Foi delegado do Comité da Federación Local Obreira da CNT. Representou o Sindicato da Construción da Coruña no Congreso da CNT en Zaragoza en maio de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido canda outros dirixentes sindicais pola continuación da folga xeral. Aparece como un dos asinantes dun panfleto falso difundida polas autoridades desconvocando a folga xeral.[1] Acusado dos delitos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra, foi executado no Campo da Rata da Coruña o 9 de agosto canda Jaime Rodríguez García, Francisco Ballón Pequeño, Venancio Seoane García, Julio Sabio Sanmartín e José Quintas Pena.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 5-8-1936, p. 5.
  2. El Eco de Santiago, 11-8-1936, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cipriano_Alvite_Alonso&oldid=5207889"