Cirurxián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cirurxiáns traballando no quirófano.

En medicina, un cirurxián, feminino cirurxiá, é un especialista en cirurxía. É dicir un médico que é capaz de previr, diagnosticar e curar enfermidades exercendo a cirurxía.

A cirurxía é unha ampla categoría de tratamentos médicos invasivos que implican a abertura dun corpo, humano ou animal, para extraer un órgano enfermo ou para reparar algunha ruptura.

Os cirurxiáns poden ser médicos, dentistas ou veterinarios.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia da cirurxía.

Na Idade Media a medicina era practicada por diversos personaxes, un dos cales era cirurxián-barbeiro, o que brindaba, entre outras funcións, asistencia médica aos soldados feridos. Era, efectivamente, un barbeiro, pero ademais ofrecía a súa asistencia principalmente nas amputacións.

Existen dúas obras que, se ben son novelas históricas, ilustran o desenvolvemento da cirurxía e a anestesioloxía nos seus primeiros tempos (séculos XIX e principios do XX), chamadas O triunfo da cirurxía e O século da cirurxía, de Jürgen Thorwald.

Antes do descubrimento da anestesia e a asepsia, a cirurxía era un procedemento traumático e de último recurso, cunha taxa de morte altísima e reservado case exclusivamente aos procedementos de amputación.

Co descubrimento destas, a finais do século XIX, a cirurxía converteuse nun complicado coñecemento que exixiu a cualificación profesional en medicina.

Formación[editar | editar a fonte]

Actualmente en España o cirurxián debe ter o título de doutor en Medicina e Cirurxía e realizar polo menos unha especialización en cirurxía xeral (entre 4 e 5 anos, ademais da formación básica en medicina). Existe a posibilidade de que logo realice subespecializacións tales como:

  • Cirurxía plástica: cirurxía reconstrutiva e cirurxía estética
  • Cirurxía gastrointestinal
  • Cirurxía de mamas
  • Cirurxía oncolóxica
  • Cirurxía de cabeza e colo
  • Cirurxía cardíaca
  • Cirurxía torácica
  • Cirurxía vascular periférica
  • Neurocirurxía
  • Cirurxía ortopédica e traumatoloxía
  • Uroloxía
  • Cirurxía de transplantes
  • Cirurxía pediátrica
  • Cirurxía endócrina

Cirurxiáns pioneiros[editar | editar a fonte]

  • Abul-Qasim Khakaf ibn al Abbas al Zahravi (médico hispano-árabe, máis coñecido como Abulcasis en occidente, considerado o pai da cirurxía moderna).[1]
  • Sushruta (o primeiro do que está documentada unha operación de rinoplastia).[2][3]
  • Charles Kelman (inventor da facoemulsificación, técnica moderna para a cirurxía das cataratas).
  • William Stewart Halsted (iniciador das modernas residencias para o adestramento cirúrxicas nos Estados Unidos e pioneiro en moitos campos).
  • Alfred Blalock (primeiro que, nos tempos modernos, fixo con éxito una operación a corazón aberto, en 1944).
  • Christiaan Barnard (cirurxián cardíaco surafricano que realizou o primeiro transplante de corazón).
  • John Hunter (escocés, considerando como o pai da cirurxía moderna, que fixo centos de diseccións).
  • Sir Victor Horsley (neurocirurxián).
  • Lars Leksell (neurosurgery, inventor of radiosurgery)
  • Joseph Lister (descubridor da sepsis cirúrxica. A bacteria Listeria monocytogenes e a listerina chámanse así na súa honra).
  • Harvey Cushing (pioneiro, e considerado por moitos como o pai da neurocirurxía moderna).
  • Valeri Shumakov (pioneiro dos implantes de órganos artificiais).
  • Gazi Yasargil (neurocirurxián turco fundador da microneurocirurxía).
  • Rene Favaloro (primeiro cirurxián que fixo un bypass nas arterias coronarias).
  • Michael R. Harrison (pioneiro da cirurxía fetal).
  • Fidel Pagés (pioneiro da anestesia epidural).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El primer gran cirujano; Abulcasis Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
  2. Haeger, Knut (1993): Historia de la cirugía. Editorial Raíces.
  3. Rana, R. E. & Arora, B. S. (2002): History of plastic surgery in India [1]. (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cirurxián&oldid=4848940"