Club Ourense Baloncesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río Ourense Termal
Plantilla Club Ourense Baloncesto 2016-2017.jpg
Información xeral
Nome Club Ourense Baloncesto S.A.D.
Liga Liga LEB Ouro
Alcume COB
Fundación 1979
Cores           Azul, amarelo
Presidente Galicia Camilo Álvarez
Adestrador España Gonzalo García de Vitoria
Localización
Cidade Galicia Ourense, Galicia
Pavillón Pazo Paco Paz
Capacidade 5.500
Inauguración 1988
Campionatos
C. Príncipe 1 (2000)
Copa Galicia 5 (1992, 1994–1995, 1997, 1999, 2001, 2006)
Sitio web oficial

O Club Ourense Baloncesto, tamén coñecido como Río Ourense Termal por motivos de patrocinio, é un club de baloncesto profesional da cidade de Ourense (Galicia). Fundado en 1979 como Club Bosco-Salesianos, ascendeu por primeira vez á Liga ACB en 1989. Na actualidade xoga na Liga LEB Ouro.

A súa pista de xogo é o Pazo Paco Paz, que conta con capacidade para 5 500 persoas. O seu actual presidente é Camilo Álvarez, mentres que o seu adestrador é Gonzalo García de Vitoria .

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos: o Club Bosco-Salesianos[editar | editar a fonte]

O Club Ourense Baloncesto foi fundado en 1979 como Club Bosco-Salesianos, debutando na Terceira División, categoría na que competir durante os seus primeiros tres anos de existencia que supuxeron a consolidación do club ourensán. O primeiro ascenso ascenso na historia do club chegou na tempada 1983-84, cando con catro anos de existencia o equipo conseguiu o ascenso á Segunda División cun cadro composto integramente por xogadores galegos, case todos ourensáns.[1]

A tempada 1984-85 supuxo, ademais do debut na Segunda División, a chegada de Caixa Ourense como patrocinador do equipo, unha relación que se prolongou durante seis tempadas. No seu debut na categoría o equipo conseguiu a permanencia, e na seguinte tempada chegou un novo ascenso. En maio de 1986 o COB disputou a fase de ascenso a Primeira División B en Badaxoz, que consistía en dous grupos de catro equipos cada un e nos que o campión conseguía o ascenso de categoría, o Ourense quedou encadrado con Guadalajara, Córdoba e Caja Navarra. A pesar da derrota inicial fronte a Caja Navarra, o equipo supero na prórroga ao Guadalajara no segundo partido da fase, e ao Córdoba no terceiro, situándose desde xeito no máis alto da clasificación do seu grupo. O día seguinte o equipo disputou a final da fase de ascenso fronte ao Andorra, campión do outro grupo e tamén ascendido, aínda que o COB perdeu por catro puntos.[1]

Debut na ACB[editar | editar a fonte]

Na tempada 1989-90 chegou o ascenso á liga ACB. Co nome de Caixa Ourense iniciou o 6 de setembro de 1987 a súa primeira andaina como Club Ourense Baloncesto pola 1ª División B, a segunda división española de baloncesto, na cancha do Santa Coloma. Atrás quedaba a época na que, configurado como Club Bosco-Salesianos, lograra dun xeito meteórico a súa chegada á elite do baloncesto español dende a súa fundación no ano 1979. O 6 de xuño de 1987 estableceuse a fusión entre Salesianos e COB.

Unha vez disputadas as dez primeiras xornadas da competición, a directiva cesa como primeiro adestrador a Manuel Fernández Rey pasando a levar a dirección técnica do equipo o ata aquela xogador Ángel Navarro.

Caixa Ourense conclúe a primeira fase da liga cun balance de 26 encontros disputados, 11 vitorias e 15 derrotas, totalizando 2239 puntos a favor (86,1 de media) e 2277 (87,5 de media) en contra, números que lle levan a disputar a B-2, e onde as cousas non marcharían moito mellor, finalizando con 14 encontros disputados, 3 vitorias e 11 derrotas con 1267 puntos a favor e 1344 en contra. Todo isto levouno directamente a xogar o seu primeiro play-off por evitar o descenso de categoría.

Nesta primeira e nova experiencia o rival foi o Lliria, club dunha pequena localidade valenciana, mais moi emerxente no panorama baloncestístico español daquela. O Caixa Ourense vence a eliminatoria en maio de 1988 por 3-1, logrando manter a categoría e asegurándose un ano máis entre os mellores equipos do baloncesto español na segunda división.

Os xogadores estranxeiros que reforzaron ao Caixa Ourense durante esa tempada foron inicialmente Howard Wood e Yomi Sangodeyi. Este último sufriu en xaneiro de 1988 aos sete minutos do encontro que disputaba ante o Badaxoz unha importante rotura no tendón de Aquiles que lle deixou fóra da competición para todo o que restaba de tempada. No seu lugar chegou Douglas Arnold.

Wood chegou con 28 anos a Ourense logo de ter concluído a súa formación universitaria na Universidade de Tennessee en 1981 e ser elixido ese mesmo ano na segunda rolda do Draft da NBA por Utah Jazz co número 27. Tras xogar algúns partidos con Utah pasou enseguida á CBA e posteriormente desembarcou en España no Cacaolat Granollers, para xogar tamén no Tizona Burgos e Pamesa Valencia.

Yomi Sangodeyi era un destacado membro real dunha tribo nixeriana. Alcumado "O Príncipe" este pivote de 28 anos chegou a Ourense tras pasar pola SAM Houston State University ata 1984 ano no que foi seleccionado por New Jersey Nets no Draft de la NBA en terceira rolda co número 63. O seu pasado antes de chegar a Galiza presentaba un paso por Florencia na A-2 italiana, Tenerife e Navarra.

O último en chegar foi Douglas Arnold en xaneiro de 1988 para substituír por lesión a Sangodeyi. Cando chegou este ala-pivote de 2,03 tiña 26 anos. Formado en Texas Christian University saíu en 1983 elixido en cuarta rolda do Draft da NBA por Utah Jazz no posto 76. Anteriormente xogara durante tres tempadas no Racing Paris da liga francesa e ata Ourense chegou sendo cortado en decembro na liga belga.

Na tempada 1996-97 o Xacobeo Ourense finalizou a liga regular na 16ª posición con 10 vitorias e 24 derrotas, polo que tivo que disputar os play-offs pola permanencia fronte ao Murcia (17º clasificado na liga regular), ao que derrotou en catro partidos.[2]

Na Liga LEB[editar | editar a fonte]

Na tempada 1997-98 o equipo descende á LEB, na que permaneceu durante dous anos, ata que na tempada 1999-00 acadou novamente o ascenso á ACB da man de Sergio Valdeolmillos. Ademais, esa tempada o club conseguiu o seu primeiro título oficial a nivel estatal logo de gañar a Copa do Príncipe en Granada ante o Tenerife.[3][4] Con todo, o soño de permanecer entre os mellores remata esa mesma tempada, na que descende novamente á LEB, dende a tempada 2000-01, o COB non xogou máis na ACB.

Logo de catro anos na categoría de prata do baloncesto español, o COB descende á LEB 2 na tempada 2004-05, permanecendo nesa categoría (ben baixo a denominación de LEB 2 ou de LEB Prata) ata a tempada 2008-09, na que acada novamente o ascenso a LEB Ouro. Na tempada 2006-07 o Club Ourense Baloncesto conseguiu o seu segundo título estatal, desta volta a Copa LEB-2, logo de derrotar ao Ciudad de La Laguna por 90-80 no Multiusos Fontes do Sar de Santigo de Compostela ante unhas 1 500 persoas.[5]

O 2 de xuño de 2015, con Gonzalo de Vitoria no banco, o COB acadou por terceira vez na súa historia o ascenso á liga ACB despois de 14 anos, logo de vencer a eliminatoria fronte ao Club Baloncesto Breogán no quinto e definitivo partido da serie (91-65), sendo a primeira que o conseguía como local logo de recuperar o factor cancha. Con todo, non lle foi permitido xogar nesta liga, negándoselle a súa entrada na ACB ata a seguinte temporada,[6][4] na que a Asamblea da liga ACB decidiu ratificar un acordo para a inscrición do COB nas competicións da temporada 2016-17[7].

Pavillón[editar | editar a fonte]

O COB xoga os seus partidos como local no Pazo Paco Paz.

Nos seus primeiros anos de existencia, o equipo xogou os seus partidos como local no Pavillón Municipal dos Remedios da capital ourensá.[1] Na tempada 1988-89 o COB trasladouse ao Pavillón Finca Sevilla, que se acabaría denominando Pazo Provincial dos Deportes Paco Paz,[8] que se converteu na súa casa ata a actualidade.

O Pazo Paco Paz foi inaugurado en 1988 e depende da Deputación Provincial de Ourense.[9] Conta cunha pista de parquet cunhas dimensión de 57,50 x 32 metros,[10] e pode acoller nas súas bancadas a 5 500 persoas.[11]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
1983/84 Campionato autonómico
1984/85 Segunda División
1985/86 Segunda División
1986/87 Primeira División
1987/88 Primeira División
1988/89 Primeira División
1989/90 Liga ACB
1990/91 Liga ACB 14º
1991/92 Liga ACB
1992/93 Liga ACB
Tempada Categoría Posto
1993/94 Liga ACB
1994/95 Liga ACB
1995/96 Liga ACB
1996/97 Liga ACB
1997/98 Liga ACB
1998/99 Liga LEB
1999/2000 Liga LEB
2000/01 Liga ACB 18º
2001/02 Liga LEB
2002/03 Liga LEB
Tempada Categoría Posto
2003/04 Liga LEB 17º
2004/05 Liga LEB 17º
2005/06 LEB 2
2006/07 LEB 2
2007/08 LEB Prata 14º
2008/09 LEB Prata 10º
2009/10 LEB Ouro 15º
2010/11 LEB Ouro 18º
2011/12 LEB Prata
2012/13 LEB Ouro 13º
Tempada Categoría Posto
2013/14 LEB Ouro 12º
2014/15 LEB Ouro

2015/16 LEB Ouro
2016/17 LEB Ouro
2017/18 LEB Ouro 14°
2018/19 LEB Ouro

Palmarés[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Río Ourense Termal 2018-2019 (LEB Ouro)
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso
P 0 Flag of the United States.svgFlag of Nigeria.svg Okeke, Duby 2.03 m (6 ft 8 in) 100 kg (220 lb)
B 1 Flag of Uruguay.svg Vidal, Santiago 1.8 m (5 ft 11 in) 75 kg (165 lb)
B/E 2 Flag of Venezuela.svg Zamora, Jhornan 1.93 m (6 ft 4 in)
A 4 España Rodríguez, Sergio 2.03 m (6 ft 8 in) 95 kg (209 lb)
P 7 Flag of Latvia.svg Rozitis, Davis 2.13 m (7 ft 0 in) 123 kg (271 lb)
E 10 Galicia Stefanuto, Dani 1.96 m (6 ft 5 in)
B 15 España Molins, Pol 1.91 m (6 ft 3 in)
E/A 21 Flag of the United States.svg Ott, Alfredo 1.91 m (6 ft 3 in)
B 23 Flag of Canada.svg Masters, Javon 1.83 m (6 ft 0 in) 80 kg (176 lb)
AP 26 Flag of the Netherlands.svg Van Wijk, Kevin 2.03 m (6 ft 8 in)
AP 32 Bosnia e Hercegovina Muratović, Nedžad 2.01 m (6 ft 7 in)
P 33 Flag of the United States.svg Watson, Earl 2.01 m (6 ft 7 in) 116 kg (255 lb)
B 35 Polonia Pluta, Andrzej 1.85 m (6 ft 1 in) 75 kg (165 lb)
Adestrador
  • España Gonzalo García de Vitoria

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 29-12-2018

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,2 "Historia. LOS PRIMEROS AÑOS" (en castelán). Club Ourense Baloncesto. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  2. "Liga ACB 1996-97" (en castelán). linguasport.com. Consultado o 10 de agosto de 2019. 
  3. "Historia Copa Príncipe: Sedes, campeones, resultados, MVPs..." (en castelán). Federación Española de Baloncesto. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  4. 4,04,1 "Tercer ascenso del COB a la ACB". La Región (en castelán). 3 de xuño de 2015. Consultado o 10 de agosto de 2019. 
  5. "Ourense, campeón de la Copa LEB-2 al ganar al Ciudad de La Laguna" (en castelán). ACB.com. 3 de febreiro de 2007. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  6. ACB.com. "Comunicado oficial de la asamblea de la ACB". Consultado o 28 de setembro de 2015. 
  7. ACB.com. "La Asamblea ratifica el acuerdo con el Ourense para la temporada 16-17". Consultado o 28 de setembro de 2015. 
  8. "Histori II. 1988/89: UNA TEMPORADA INOLVIDABLE." (en castelán). Club Ourense Baloncesto. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  9. "Pazo dos Deportes Paco Paz". Deputación de Ourense. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  10. "Pavillón principal". Pazo Paco Paz. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  11. "Pazo dos deportes Paco Paz" (en castelán). galiceando.com. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  12. "Copa Galicia Sénior Masculina 2018". Federación Galega de Baloncesto. Consultado o 8 de agosto de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Club_Ourense_Baloncesto&oldid=5227637"