Club Patí Vilafranca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Club Patí Vilafranca é un club de hóckey a patíns catalán da localidade de Vilafranca del Penedès. O club foi fundado en 1970.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1970. O primeiro ascenso do club produciuse no ano 1972, cando o equipo consigue ascender á Segunda División Española. Mais debido a motivos económicos tivo que renunciar á súa praza nesta categoría.

Na tempada 1975-76 acada o ascenso á Primeira División. O equipo do Alt Penedès estabilizaráse na categoría, ata que na tempada 1978-79 acadou o escenso á División de Honra cun paso fugaz pola máxima categoría, descendendo novamente á Primeira División.

Na tempada 1987-88 o club volta á máxima categoría.

A traxectoria do club sempre estivo entre a División de Honra e a Primeira División, agás un breve período na década dos '90, cando o Vilafranca era un dos clubs punteiros da División de Honra, grazas á participación de Ferran Pujalte, primeiro como xogador e despois como adestrador.

Ao final da década, conseguíu chegar a disputar algunha Copa do Rei e a competir en competición europea, concretamente na Copa CERS.

Mais unha crise debida a unha mala xestión provocou na tempada 2002-03 que o club volvera á Primeira División, na que permaneceu dúas tempadas ata acadar novamente o ascenso á O.K. Liga na tempada 2004-05. Na tempada 2005-06 o club descende nóvamente á Primeira División.

Na tempada 2006-07, o equipo comeza con moi mal pé, ata que o club decidiu destituír ao adestrador que comezara a campaña (Climent Pedrós). O novo adestrador, Pep Pané, conseguíu que o equipo volvera novamente á máxima categoría.

Logo dun breve paso pola O.K. Liga, que acabará co descenso na última xornada, Pané volve dirixir ao equipo durante a tempada 2008-09, que culminou co ascenso á O.K. Liga. Ao final da tempada produciuse un troco na Xunta Directiva que provoca a aplicación dun novo proxecto deportivo, que ten como adestrador a Ricard Muñoz, e que ten como obxectivo prioritario o traballo da base do club.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Club_Patí_Vilafranca&oldid=5074046"