Club Voleibol Emeve

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emeve Lugo voleibol.svg

O Club Voleibol Emeve (EMEVE son as siglas en castelán de: El Mejor Equipo de Voleibol de España)[1] é un equipo de voleibol da cidade de Lugo. Conta con equipos en tódalas categorías e os seus dous equipos sénior (tanto o feminino coma o masculino). O equipo masculino compite na Superliga 2, categoría de prata do voleibol estatal, ao igual que o equipo feminino na Superliga 2 Feminina. Xoga os seus partidos como local no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo foi fundado pola familia Bouza no principios dos anos 1980 na cidade de Lugo co nome de EMEVE (El Mejor Equipo de Voleibol de España). Nos inicios o club lucense era un equipo feminino. O voleibol masculino dependía do Estudiantes, un equipo de baloncesto.[2] O equipo ascendeu a Primeira División na temporada 1985/86.

O 3 de maio de 2009 o autobús do equipo de voleibol xuvenil feminino que viña de quedar subcampión de España en Canarias sufriu un accidente na estrada SC-21 da rotonda de acceso á A-54 á saída do aeroporto da Lavacolla.[3] No accidente morreron tres xogadoras.[4][5]

En febreiro de 2014 presentáronse ás eleccións da sociedade as irmás Bibí e Coté Bouza en candidaturas enfrontadas. Bilí saíu elixida presidenta e a súa irmá Coté fundou o Volei Praia Lugo. Ata 2016 as irmáns mantiveron un litixio no Xulgado Mercantil da Coruña polo nome e marcas do club. Chegouse a un acordo antes do xuízo para compartir o seu uso.

Competicións[editar | editar a fonte]

Competicións nacionais[editar | editar a fonte]

  • Superliga Masculina 2
  • Superliga Feminina 2

Competicións autonómicas[editar | editar a fonte]

  • 2ª División Autonómica Senior Segunda División Sénior Feminina
  • 1ª División Autonómica Xuvenil Primeira División Xuvenil Masculina
  • 1ª División Autonómica Xuvenil Primeira División Xuvenil Feminina
  • 1ª División Autonómica Cadete Primeira División Cadete Masculina
  • 1ª División Autonómica Cadete Primeira División Cadete Feminina
  • 3ª División Autonómica Cadete Terceira División Cadete Feminina
  • 1ª División Autonómica Infantil Primeira División Infantil Masculina
  • 1ª División Autonómica Infantil Primeira División Infantil Feminina
  • 2ª División Autonómica Infantil Segunda División Infantil Feminina

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Mellor club de base do voleibol español, Real Federación Española de Voleibol (RFEVB), en 2009[6]
  • Campión da 7 Copa da Princesa de Voleibol, Miranda de Ebro en 2014

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Club_Voleibol_Emeve&oldid=5185346"