Coma un allo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coma un allo
Presentadores de Coma Un Allo.jpg
Duración 45 min.
Producido por TVG con Centroña P.A.
Presentado por Bernardo Montaña
Día(s) de emisión Luns a venres
Horario de emisión 15.45 a 16.30
Cadea TVG
Día da estrea 11 de setembro de 2017
Páxina web oficial

Coma un allo é un programa concurso de preguntas e respostas, emitido pola Televisión de Galicia. Comezou a emitirse o 11 de setembro de 2017.[1]

Características[editar | editar a fonte]

O programa é obra da produtora Centroña PC[2]. Está dirixido por Paco Lodeiro, e presentado por Bernardo Montaña.[3] Conta coa colaboración técnica da escritora María Canosa e do físico Jorge Mira, que xa coincidiran en Verbas van e Cifras e letras.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

En cada programa participan tres concursantes. Cada programa está adicado a un tema, e conta con diversas probas.

No primeiro bloque están as probas Galiwiki (preguntas referentes a Galicia), Fun x Ciencias (preguntas de ámbito científico) e Viaxar e Papar (preguntas sobre a xeografía e a gastronomía de Galicia). Alternando estas probas está o Bota Contas, onde cada participante debe resolver seis contas aritméticas.
O seguinte bloque é Cabezas de Allo, con preguntas sobre unha persoa galega. Na proba Allos ou Cascallos, patrocinada pola Real Academia Galega, cada participante debe resolver dúbidas ortográficas. En Premer e Falar a primeira persoa en premer o pulsador pode contestar cada pregunta formulada.
As dúas persoas con máis puntos pasan á seguinte fase, A Allada, consistente en adiviñar seis palabras en base á definición dada. Se non se acertan as seis palabras, a persoa que tiña menos puntos pode optar ao rebote.

A persoa que acada máis puntos leva 250 € de premio e opta a conseguir o bote, ademais de volver o día seguinte. A segunda persoa con máis puntos leva 150 € e volve participar o día seguinte. A persoa con menos puntos non repite, e leva de premio un libro da Editorial Galaxia.

Participantes[editar | editar a fonte]

En setembro de 2018 o concursante de Riotorto Eloy Troitas levou o maior bote, de 29 300 euros.[4][5] Hai un límite de 50 participacións, que só acadou en maio de 2018 o concursante Alberto García Prado.[6] No Nadal adoita haber varias edicións especiais, coa participación de personalidades de sona coma Oswaldo Digon, Monti Castiñeiras, María Solar, Loli Gómez, Luís Iglesia, Carlos Amado, Adrián Díaz, Lucía Rodríguez, Terio Carrera, Kiko Novoa, Marta Doviro e Xosé Ramón Gayoso. Tamén houbo edicións especiais infantís con nenos e nenas de 4º curso de educación primaria de varios centros educativos, como o CEIP Eugenio López de Cee[7], o CEIP O Areal de Camariñas, CEIP Labarta Pose de Baio e CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín[8].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Os programas «TAC», «Coma un allo» e «ADN Galego», as apostas da TVG para o outono". Extra Digital. 8 de setembro de 2017. 
  2. Coma un allo, na páxina web de Centroña Producións Audiovisuais.
  3. "El baionés Bernardo Montaña presenta «Coma un Allo», el nuevo concurso de la TVG". Val Miñor TV (en castelán). 16 de setembro de 2017. 
  4. "Un veciño de Riotorto gaña case 30.000 euros no concurso 'Coma un allo', da TVG". El Progreso (en castelán). 18 de setembro de 2018. 
  5. Pablo Villapol (18 de setembro de 2018). "El vecino de Riotorto que ganó 29.300 euros en 'Coma un allo': «Tiven sorte»". El Progreso (en castelán). 
  6. "O concursante Alberto García retírase este xoves invicto do concurso da TVG «Coma un Allo»". CRTVG. 10 de maio de 2018. 
  7. Emisión do concurso "Coma un allo", no blog do CEIP Eugenio López, 13 de decembro de 2017.
  8. Parabéns aos alumnos/as participantes no concurso “Coma un allo”, no blog do CEIP O Areal, 10 de xaneiro de 2019.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Coma_un_allo&oldid=5216969"