Condado de Cork

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Condado de Cork
Contae Chorcaí
Mapa
IrelandCork.png
Información
País Flag of Ireland.svg República de Irlanda
Condado Cork
Provincia Munster
Superficie 7.457 km2
Poboación 480.909 (2002)
Código C
www.corkcoco.ie

O Condado de Cork (Contae Chorcaí en gaélico irlandés) é o máis grande dos condados modernos da República de Irlanda. A Cork coñéceselle polo seu alcume de "O condado Rebelde", debido ó apoio que deu a xente do condado en 1491 a Perkin Warbeck, un pretendente ó trono de Inglaterra durante a Guerra das Dúas Rosas. Xa en tempos máis modernos, o nome fai referencia o papel tan importante que Cork xogou na guerra de independencia de Irlanda (1919-1921) e á súa posición en contra do trato durante a guerra civil (1922-1923). As atraccións incluén a Pedra de Blarney (no castelo de Blarney) e Cobh (chamada tamén na época da invasión Queenstown) o porto do que saían case tódolos emigrantes irlandeses camiño a Estados Unidos, Canadá, Nova Zelandia ou Australia, e tamén por ser a derradeira parada en porto do Titanic. A cidade de Cork é a segunda máis grande da República de Irlanda e a capital da provincia de Munster.

A zona máis afastada e menos habitada é a súa parte oeste (West Cork) e resulta ser un destino preferido polos turistas que gustan de gozar das pequenas vilas e illas como Sherkin Islands ou Sheep's Head, o círculo megalítico de Drombeg, ou o punto máis suroeste de Irlanda, Mizen Head. Nos últimos anos o terreo da parte máis oeste do condado está moi demandada internacionalmente, é moitos cidadáns da UE fixaron a súa residenca alí, incluíndo personaxes famosos como Jeremy Irons ou Neil Jordan. West Cork é famosa pola súa natureza abrupta, belas praias e unha atmosfera social tan distinta que a fan a parte máis relaxada do país. Tamén é famosa pola cantidade de artesáns, músicos, poetas e dramaturgos que alí residen.

Localidades[editar | editar a fonte]

Cobh
  • Adrigole, Aghabullogue, Aghada, Allihies
  • Ballinadee, Ballinascarthy, Ballincollig, Ballineen, Ballinhassig, Ballinlough, Ballinspittle, Ballycotton, Ballydehob, Ballydesmond, Ballygarvan, Ballylickey, Ballyvourney, Baltimore, Bandon, Banteer, Bantry, Barleycove, Blarney, Buttevant
  • Carrigaline, Carrigtwohil, Castletownbere, Castletownroche, Castletownshend, Castlemartyr, Charleville, Clonakilty, Cloyne, Coachford, Cobh, Coolea, Cork, Courtmacsherry, Crookhaven, Crossbarry, Crosshaven
  • Doneraile, Douglas, Drimoleauge, Drinagh, Dromahane, Dunmanway, Durrus
  • Enniskeane
  • Fermoy, Fountainstown
  • Glandore, Glanmire, Glengarriff, Glounthaune, Goleen, Gougane Barra, Glenbrook, Cork
  • Innishannon
  • Kanturk, Kealkill, Killavullen, Kilbrittain, Kilcrohane, Killeagh, Kilmeen, Kilmichael, Kinsale, Knocknagree
  • Ladysbridge, Leap
  • Macroom, Mahón, Mallow, Midleton, Millstreet, Mitchelstown, Mizen Head, Monkstown
  • Newcestown, Newmarket, Newtownshandrum
  • Oysterhaven
  • Passage West
  • Ringaskiddy, Rockchapel, Rosscarbery, Rostellan, Rylane
  • Saleen, Schull, Shanagarry, Skibbereen
  • Timoleague, Tower
  • Union Hall
  • Whitegate
  • Youghal
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Condado_de_Cork&oldid=4970300"