Condado de Fontao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Conde de Fontao")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Condado de Fontao
Corona de conde.svg
Primeiro titularJosé María Moscoso de Altamira Quiroga
ConcesiónIsabel II
8 de xaneiro de 1840
Actual titularJosé Manuel Romero Moreno
O I conde de Fontao. Retrato de José de Madrazo.
Pazo de Fontao

O Condado de Fontao é un título nobiliario galego outorgado pola raíña Isabel II de España o 8 de xaneiro de 1840. O seu nome fai referencia ao antigo señorío xurisdicional de Fontao, na parroquia de Santa Cilla do Valadouro (Foz). O seu primeiro titular foi o político mindoniense José María Moscoso de Altamira Quiroga, ministro de Fomento e da Gobernación de España e primeiro presidente do Senado.

Condes de Fontao[editar | editar a fonte]

Titular Período
Creación por Isabel II de España
I José María Moscoso de Altamira Quiroga 1840 - 1854
II Sofía Moscoso de Altamira Taboada 1854 - 1869
III Alfredo Moreno Moscoso de Altamira 1869 - 1921
IV José Moreno Osorio 1921 - 1963
V Alfredo Moreno Uribe 1963 - 1981
VI María Moreno Uribe 1981 - 1983
VII Pilar Moreno Uribe 1983 - 1993
VIII José Manuel Romero Moreno 1993 - actualidade

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

José María Moscoso de Altamira Quiroga, presidente das Cortes, Ministro da Gobernación e de Fomento, primeiro presidente do Senado, Cabaleiro da Orde de Carlos III, Cabaleiro da Maestranza de Ronda, Xentilhome de cámara con exercicio do rei Fernando VII, casado con María Antonia Taboada Bueno, filla do Brigadier José María Taboada Moscoso Núñez de Churruchao, IX Señor de Santa Marta de Babío, así como Señor de Cristimil, Feso, Carballude, Ois Grande e Pequeno, Palmón, Sello e Camposancos, e de Josefa Bueno Gayoso. Sucedeuno a súa filla:

Sofía Moscoso de Altamira Taboada, Dama da Orde das Damas Nobres de Maria-Luisa, casada co coronel sevillano José Moreno Sopranís Daoiz, Xentilhome de cámara con exercicio da raíña Isabel II, fillo de José Moreno Daoíz, Tenente de Reais Guardas Españolas, Cabaleiro da Orde de Santiago, e de Manuela María Sopranis Saville. Neto á súa vez de José Moreno Guerrero do Consello de Castela e sobriño do Ministro Tomás Moreno Daoíz. Sucedeuna o seu fillo:

Alfredo Moreno Moscoso de Altamira, nado en 1845 e finado en 1921, deputado a Cortes, Xentilhome de cámara con exercicio do rei Afonso XII. Casou con Dolores Osorio Chacón, filla do almirante da Armada José Osorio Mallén e de Dolores Chacón Michelena, irmá de Carlos Chacón Michelena, primeiro gobernador da Guinea Española. Sucedeuno o seu fillo:

José Moreno Osorio, nado en 1868 e finado en 1963, enxeñeiro de camiños, canles e portos, director e despois presidente da Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España, vicepresidente e presidente honorario de RENFE, Xentilhome de cámara con exercicio do rei Afonso XIII. Casou con María Uribe Garrido, filla de Agustín Uribe López-Marín e de Juana Garrido Rus. Sucedeuno o seu fillo:

Alfredo Moreno Uribe, nado en 1902 e finado en 1981, tamén VIII marqués de San Sadurniño, enxeñeiro de camiños, canles e portos coma o seu pai, vicepresidente de RENFE. Casou con Ana Rosa Gómez-Rodulfo Barrio, filla do deputado Angel Gómez-Rodulfo Ibarbia e de Ana María Barrio Salamanca. Sucedeuno a súa irmá:

María Moreno Uribe, nada en 1899 e finada en 1991, IX marquesa de San Sadurniño. Sen descendencia, sucedeuna a súa irmá por cesión do título:

Pilar Moreno Uribe, nada en 1911 e finada en 1993, casada co académico e musicólogo Carlos Romero de Lecea, axente de Cambio e Bolsa, membro de numero da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, membro da Academia de Belas Artes do Instituto de Francia, Camareiro Pontificio do Papa Xoán XXIII, fillo de Manuel Romero Yagüe e de Manuela de Lecea Ceballos-Escalera. Sucedeuno o seu fillo:

José Manuel Romero Moreno, nado en 1940, avogado, presidente da Fundación CEAR, vicepresidente de FRIDE, membro institucional do Club de Madrid, conselleiro de Patrimonio Nacional, tamén X marqués de San Sadurniño por sucesión da súa tía. Casou con Ana María Duplá del Moral, filla do enxeñeiro industrial Tomás Duplá Abadal e de Ana María del Moral Aguado, neta do político Antonio del Moral López.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Elenco de Grandezas y Títulos Nobiliarios Españoles. Instituto Salazar y Castro, CSIC.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Condado_de_Fontao&oldid=4849587"