Conquista normanda de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lugares dos principais eventos durante a conquista normanda de Inglaterra en 1066

A conquista normanda de Inglaterra foi a invasión e ocupación de Inglaterra no século XI por parte dun exército normando, bretón e francés liderado polo duque Guillerme II de Normandía, posteriormente coñecido como Guillerme o Conquistador.

A reclamación do trono Inglés por parte de Guillerme derivaba da súa relación familiar co rei sen fillos Eduardo o Confesor, quen alimentou a esperanza de Guillermo a sucedelo no trono. Eduardo faleceu en xaneiro de 1066 e foi sucedido polo seu cuñado Haroldo Godwinson. O rei noruegués Haraldo Hardrada invadiu o norte de Inglaterra en setembro de 1066 e gañou na batalla de Fulford, pero Haroldo derrotouno e matouno na batalla de Stamford Bridge o 25 de setembro. Poucos días despois Guillerme desembarcou no sur de Inglaterra. Haroldo marchou cara o sur, deixando unha parte significativa do seu exército no norte. O exército de Haroldo enfrontouse ós invasores de Guillerme o 14 de outubro na batalla de Hastings. O exército de Guillerme derrotou o de Haroldo, que pereceu na batalla. Malia que os principais rivais de Guillerme desapareceron entón, tivo que facer fronte a varias rebelións durante os seguintes anos e non conseguíu asegurar o seu trono ata despois de 1072.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bates, David (1982). Normandy Before 1066. London: Longman. ISBN 978-0-582-48492-4. 
  • Bates, David (2001). William the Conqueror. Stroud, UK: Tempus. ISBN 978-0-7524-1980-0. 
  • Bennett, Matthew (2001). Campaigns of the Norman Conquest. Essential Histories. Oxford, UK: Osprey. ISBN 978-1-84176-228-9. 
  • Crouch, David (2007). The Normans: The History of a Dynasty. London: Hambledon & London. ISBN 978-1-85285-595-6. 
  • Douglas, David C. (1964). William the Conqueror: The Norman Impact Upon England. Berkeley: University of California Press. OCLC 399137. 
  • Gravett, Christopher (1992). Hastings 1066: The Fall of Saxon England. Campaign 13. Oxford, UK: Osprey. ISBN 978-1-84176-133-6. 
  • Higham, Nick (2000). The Death of Anglo-Saxon England. Stroud, UK: Sutton. ISBN 978-0-7509-2469-6. 
  • Huscroft, Richard (2009). The Norman Conquest: A New Introduction. New York: Longman. ISBN 978-1-4058-1155-2. 
  • Marren, Peter (2004). 1066: The Battles of York, Stamford Bridge & Hastings. Battleground Britain. Barnsley, UK: Leo Cooper. ISBN 978-0-85052-953-1. 
  • Stafford, Pauline (1989). Unification and Conquest: A Political and Social History of England in the Tenth and Eleventh Centuries. London: Edward Arnold. ISBN 978-0-7131-6532-6. 
  • Thomas, Hugh M. (2003). The English and the Normans. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-925123-0. 
  • Thomas, Hugh (2007). The Norman Conquest: England after William the Conqueror. Critical Issues in History. Lanham, MD: Rowman & Littlefield Publishers, Inc. ISBN 978-0-7425-3840-5. 
  • Williams, Ann (2000). The English and the Norman Conquest. Ipswich, UK: Boydell Press. ISBN 978-0-85115-708-5. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conquista_normanda_de_Inglaterra&oldid=4480245"