Copa América de hóckey a patíns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Copa América de hóckey a patíns masculina é unha competición internacional de hóckey a patíns organizada pola Confederación Sudamericana de Patín (CSP) disputada dende o ano 2006 e que conta co recoñecemento del Comité Internacional de Hóckey a patíns (CIRH). Este recoñecemento como competición internacional por parte do CIRH implica que a regulamentación segue os cánones internacionais oficiais. Nesta competición poden participar tódalas seleccións que sexan membros da CSP, independentemente de se son orixinarias do Continente americano, así como calquera selección convidada pola Confederación. A selección de Cataluña é a única que disputou o título sen ser convidada grazas á súa adhesión definitiva á CSP o 11 de febreiro do 2007.

O sábado 3 de novembro, coa ocasión da Copa América masculina 2007, os delegados da CSP decidiron en Recife, sede do torneo, nunha reunión extraordinaria anunciar as vindeiras sedes da Copa América. En categoría masculina fíxose pública a elección da Arxentina 2008, Cataluña 2010, Colombia 2012 e Chile 2014.

Historial[editar | editar a fonte]

Edición Ano Sede Campión Subcampión 3º posto 4º posto
I 2007 Recife (Brasil) Flag of Argentina.svg Arxentina Cataluña Cataluña Flag of Brazil.svg Brasil Flag of Chile.svg Chile
II 2008 Buenos Aires (Arxentina) Flag of Argentina.svg Arxentina Cataluña Cataluña Flag of Chile.svg Chile Flag of Brazil.svg Brasil
III 2010 Vic (Cataluña) Cataluña Cataluña Flag of Argentina.svg Arxentina Flag of Brazil.svg Brasil Flag of Chile.svg Chile
IV Xullo de 2012 Colombia
V Xullo de 2014 Chile

Palmarés[editar | editar a fonte]

Posición Selección Ouro Ouro Prata Prata Bronce Bronce Total
1 Flag of Argentina.svgArxentina 2 1 0 3
2 Cataluña Cataluña 1 2 0 3
3 Flag of Brazil.svgBrasil 0 0 2 2
4 Flag of Chile.svgChile 0 0 1 1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Copa_América_de_hóckey_a_patíns&oldid=4849853"