Copa Galicia (baloncesto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Copa Galicia
Breogán 2012.jpg
Fundación1986
RexiónGalicia Galiza
ConfederaciónUnión Europea FIBA Europa
Equipos6
Actual campiónObradoiro CAB (9º título)
Máis laureadoCB Breogán (12 títulos)
OrganizadorFGB
Sitio webfegaba.com/copa-galicia

A Copa Galicia de Baloncesto nace en 1986 coa primeira edición da competición sénior masculina. Na súa xestación participaron os equipos galegos que daquela formaban parte da chamada Primeira División Nacional de Baloncesto: eran o OAR Ferrol, o Club Ourense Baloncesto, o Obradoiro compostelán e mais o Breogán de Lugo. Francisco García Sánchez era entón o presidente da FGB.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro vencedor foi o Club Baloncesto Breogán, que na actualidade é o club máis laureado da competición ao quedar campión en doce ocasións. Dende aquel ano, o torneo sénior masculino celebrouse ano tras ano sen interrupción. En 1989 naceu o torneo feminino, se ben a súa celebración non se estabilizou ata mediados dos anos noventa.

Co correr do tempo, a Copa Galicia foi medrando e abranguendo cada vez máis categorías, ata se converter no torneo galego non ligueiro de referencia que é hoxe. Ao se celebraren as eliminatorias en distintas vilas e cidades, a Copa é, ademais, un dos grandes puntos de unión entre clubs, xogadores e seareiros de todos os recantos da nosa xeografía.

Finais[editar | editar a fonte]

Os seguintes equipos vencedores da Copa Galicia Sénior ao longo dos seus máis de vinte anos de historia (categoría masculina e feminina):

Ano Sede Campión Subcampión Resultado Campión feminino
1986 O Barco CB Breogán Obradoiro CAB 70–67
1987 Pontevedra CB Breogán OAR Ferrol 101–87
1988 A Estrada OAR Ferrol CB Breogán 87–77 C.B. Cluny
1989 Ourense OAR Ferrol Ourense 106–101 Pabellón Ourense
1990 OAR Ferrol Ourense 99–88 C.B. Cluny
1991 O Barco OAR Ferrol Basketmar Coruña 86–85
1992 O Carballiño Ourense OAR Ferrol 82–80
1993 Vilagarcía OAR Ferrol Ourense 86–82
1994 Vigo Ourense CB Breogán 79–69
1995 Ourense Ourense CB Breogán
1996 Básquet Coruña Ourense R.C. Celta
1997 Chantada Ourense Basket Base Club 97–77 R.C. Celta
1998 Rianxo CB Breogán Ourense R.C. Celta
1999 Cambados Ourense CB Breogán 83–75 R.C. Celta
2000 Chantada CB Breogán Ourense 105–94
2001 Chantada Ourense CB Breogán 88–64 R.C. Celta
2002 Foz CB Breogán Ourense 83–76 R.C. Celta
2003 Lugo CB Breogán Ourense 92–73 R.C. Celta
2004 Compostela CB Breogán Basket Base Club 74–57 A.D. Cortegada
2005 Pontevedra CB Breogán CBC Pontevedra 107–78 R.C. Celta
2006 A Coruña Ourense CB Breogán 76–61 Porta XI Ensino
2007 Vigo CB Breogán Rosalía de Castro 89–57 R.C. Celta
2008 Ponteareas CB Breogán Rosalía de Castro 82–64 R.C. Celta
2009 Porriño CB Breogán Obradoiro CAB 63–57 R.C. Celta
2010 Lalín Obradoiro CAB Ourense 72–61 A.D. Cortegada
2011 Noia Obradoiro CAB Ourense 72–70 R.C. Celta
2012 Ourense Obradoiro CAB Ourense 86–67 A.D. Cortegada
2013 Compostela Obradoiro CAB CB Breogán 67–60 Narón
2014 Lugo Obradoiro CAB CB Breogán 74–59 Narón
2015 Ourense Obradoiro CAB Básquet Coruña 79–69 Uni Ferrol
2016 Noia Obradoiro CAB Básquet Coruña 85–77 Uni Ferrol
2017 Marín Obradoiro CAB CB Breogán 75–71 Uni Ferrol
2018 Marín CB Breogán Obradoiro CAB 75–74 Porta XI Ensino
2019 Marín Obradoiro CAB Ourense 89–65

Palmarés[editar | editar a fonte]

Por equipo[editar | editar a fonte]

Equipo Cidade Campión Subcampión Anos campión
600px Bianco e Celeste.png Breogán Bandera de Lugo.svgLugo 12 9 1986, 1987, 1998, 2000, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009, 2018
Azzurro Blu Bianco Rosso.svg Obradoiro Bandera de Santiago de Compostela.svgCompostela 9 3 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2019
Giallo e Blu.png COB Bandera de Ourense.svgOurense 7 11 1992, 1994, 1995, 1997, 1999, 2001, 2006
600px Verde e Bianco (Strisce diverse).png OAR Ferrol Bandeira de Ferrol.svgFerrol 5 2 1988, 1989, 1990, 1991, 1993
Arancione e Blu.svg Básquet Coruña  Escudo de A Coruña.svg   A Coruña 1 1 1996
600px solid HEX-FF7518.svg Basket Base Flag maritime villagarcia.svgVilagarcía 0 2
Blu Marine.svg Rosalía Bandera de Santiago de Compostela.svgCompostela 0 2
600px Bianco Nero e Arancione (Strisce Orizzontali).png Basketmar  Escudo de A Coruña.svg   A Coruña 0 1
600px Rojo Detalle Blanco.png CBC Pontevedra Bandera de Pontevedra.svgPontevedra 0 1

Feminino[editar | editar a fonte]

Equipo Cidade Campión Anos campión
600px Bianco e Azzurro con Croce di San Giacomo.png Real Club Celta Vigo bandera 2.pngVigo 12 1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2002, 2003, 2005, 2007, 2008, 2009, 2011
600px Giallo Con V Nera.png Cortegada Flag maritime villagarcia.svgVilagarcía 3 2004, 2010, 2012
600px Blu e Giallo (Pinstripes).png Uni Ferrol Bandeira de Ferrol.svgFerrol 3 2015, 2016, 2017
600px Bianco e Celeste diagonale.png Cluny Bandera de Santiago de Compostela.svgCompostela 2 1988, 1990
600px Rosso con striscia Nera e Bianca.png Ensino Bandera de Lugo.svgLugo 2 2006, 2018
600px Bianco e Blu Bordato.PNG Narón Flag of Narón.svgNarón 2 2013, 2014
600px Verde Con Striscia Nera.png Pabellón Bandera de Ourense.svgOurense 1 1989

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Copa_Galicia_(baloncesto)&oldid=5259594"