Cristóbal Montoro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cristóbal Montoro
Cristóbal Montoro, Coordinador dEconomia del Partit Popular, als Dinars Cambra, 17 doctubre de 2011 (2).jpg
Cristóbal Ricardo Montoro Romero
Datos persoais
Nacemento28 de xullo de 1950
 España Cambil, Xaén
OrganizaciónPartido Popular
Alma máterUniversidade Autónoma de Madrid
editar datos en Wikidata ]

Cristóbal Ricardo Montoro Romero, nado en Cambil (Xaén) o 28 de xullo de 1950, é un político español, ministro de Facenda e Administracións públicas entre 2011 e 2018. Entre 2000 e 2004 foi tamén ministro de Facenda no goberno de Aznar, e foi membro do Parlamento Europeo e da Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios.

Biografía[editar | editar a fonte]

En 1973 licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade Autónoma de Madrid, na que en 1981 obtiña o doutoramento. Exercería como profesor axudante primeiro e logo titular, para finalmente obter no ano 1989 a cátedra de Facenda pública na Universidade de Cantabria.

Dende 1993 é elixido deputado por Madrid e en 1999 entrou a formar parte do Comité executivo do Partido Popular a nivel nacional. Dende a chegada do PP ao goberno convértese no home forte de Rodrigo Rato que lle dá o cargo de secretario de Estado de Economía e na VII lexislatura é designado ministro de Facenda.

Tras as eleccións de 2004, nas que chega ao poder o PSOE con maioría simple, cesa no seu cargo e é elixido eurodeputado nas eleccións dese mesmo ano.

En 2008 volve ser elixido deputado por Madrid, ocupando o cargo de voceiro na Comisión de Economía e Facenda ata o seu nomeamento como Ministro o 22 de decembro de 2011.

Na cerimonia habitual no Palacio da Zarzuela tomou posesión pola fórmula do Xuramento como ministro de Facenda e Administracións Públicas do Goberno de España.

Cargos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Manuel Conthe
 Escudo de España.svg
Secretario de Estado de Economía de España
 
1996 - 2000
Sucesor:
José Folgado
Predecesor:
Rodrigo Rato
(Economía e Facenda)
 Escudo de España.svg
Ministro de Facenda de España
 
2000 - 2004
Sucesor:
Pedro Solbes
(Economía e Facenda)
Predecesor:
Miguel Arias Cañete
 People's Party (Spain) Logo (2008-2015).svg
Coordinador de Economía do PP
 
2008 - 2012
Sucesor:
Álvaro Nadal
Predecesor:
Elena Salgado
(Economía e Facenda)
Manuel Chaves
(Política Territorial e Administación Pública)
 Escudo de España.svg
Ministro de Facenda e Administracións Públicas de España
 
2011 - 2018
Sucesor:
María Jesús Montero
(Facenda)
Meritxell Batet
(Política Territorial e Función Pública)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cristóbal_Montoro&oldid=5151833"