Cuatro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cuatro
Cuatro.svg
Logo de Cuatro.
Inicio das emisións 7 de novembro de 2005
Fundado por Grupo PRISA
Propiedade de Mediaset España
Formato da imaxe 576i (SDTV 16:9)
Datos de audiencia 6% (xullo de 2013, FormulaTV)
Slogan Practica Cuatro
¡Te queremos! Tenía que ser Cuatro
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Escala nacional
Sede central Fuencarral, Madrid (antiga sede Tres Cantos)
Canle/s irmá(s) Telecinco
Factoría de Ficción
Divinity
Energy
Boing
Telecinco HD
Cuatro HD
Páxina web Páxina web de Cuatro
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT 67
Satélite
Digital + Dial 14
Cable
ONO Dial 4
R Dial 114
Euskaltel Dial 4
Telecable Dial 4
IPTV
Imagenio Dial 4
Orange TV Dial 4
Jazztelia TV Dial 4
Televisión por internet
Directo cuatro.com
Directo mitele.es
Á carta mitele.es

Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+. Desde a mesma data, a emisión de Cuatro tamén está dispoñible con ámbito nacional a través de TDT.

Historia[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2005, o consello de administración de Sogecable (empresa propietaria de Canal+ e Digital+) solicita ó Consello de Ministros a modificación das condicións subscritas en 1989 co Goberno, para eliminar as restricións da licenza de televisión analóxica coa que opera Canal+, que só permiten emitir en aberto durante seis horas, e poder así facelo 24 horas diarias.

O goberno de José Luis Rodríguez Zapatero decidiu pospoñer varios meses o troco de licenza de Canal+ ata obter un informe do Consello de Estado a petición de Sogecable e, o máis importante, chegar a un acordo cos outros grupos. O acordo cos grupos mediáticos chegou tras concederlles un multiplex completo (4 canles) a cada un deles tralo apagamento analóxico de 2010.

Finalmente, o Consello de Ministros, tras recibir o informe favorable do cambio de licenza a Canal+, decidiu en sesión do 29 de xullo de 2005, cambiar as condicións da licenza de Canal+. Tamén se decidiu iniciar un concurso para adxudicar unha nova licenza analóxica de televisión, que finalmente acabou concedéndose á canle laSexta.

Tralo visto e prace do Consello de Ministros, Sogecable fixo público un comunicado no que especificaba que en outono Sogecable lanzaría a súa nova canle de televisión en aberto a través da frecuencia analóxica pola que emitía Canal+. Dito comunicado tamén aclaraba que Canal+ pasaría a emitirse unicamente pola plataforma Digital+.

Gravación dunha entrevista por reporteiros de Cuatro.

O 30 de agosto de 2005 Sogecable a través da Cadena SER anuncia que Iñaki Gabilondo, a súa principal estrela, director e presentador do programa Hoy por Hoy durante os dezanove anos anteriores, deixaba a dirección deste programa para ser o presentador do informativo nocturno da nova canle.

Cuatro fíxose cos dereitos do Mundial de Alemaña 2006 despois de comprarllos a laSexta. Os partidos emitidos deste campionato proporcionáronlle un enorme éxito de audiencia.

Ademais é unha das canles que máis aposta pola ficción: tivo en antena máis de 31 series estranxeiras á vez (de aí o seu slogan "Las series eligen Cuatro"). Nos Globos de Ouro de 2007, nunha cerimonia celebrada na cidade dos Ánxeles (EUA) o día 15 de xaneiro de 2007, todas as series premiadas eran emitidas por Cuatro. House, The Closer e Anatomía de Grey, esta última considerada a mellor serie do ano, emitíanse nese momento, e a cuarta, Ugly Betty proximamente.

Xunto con Telecinco e Energy creou a marca Mediaset Sport, adicada á xestión dos dereitos deportivos do grupo Mediaset España Comunicación como son MotoGP, UEFA Europa League a Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012...

Fusión entre Cuatro e Telecinco[editar | editar a fonte]

O 18 de decembro de 2009, Mediaset, accionista maioritario de Mediaset España Comunicación, e PRISA, dona da totalidade de Prisa TV, presentaron un acordo de fusión das súas canles de televisión en aberto, Telecinco e Cuatro. Tras o acordo de fusión, Cuatro e a súa licenza de emisión separáronse de Prisa TV, e esta empresa foi adquirida na súa totalidade por Mediaset España Comunicación. Xunto con este acto, PRISA obtivo accións de nova emisión de Mediaset España Comunicación, do 18% do capital social desta empresa.

Previamente a este acordo, formalizouse a entrada de Mediaset no accionariado de Digital+, co 22% das accións.

Programas[editar | editar a fonte]

  • 40 pop. Programa de actualidade musical.
  • Alta tensión. Con Luis Larrodera. Concurso.
  • Channel Nº4. Con Ana García-Siñeriz e Boris Izaguirre.
  • Contamos Contigo. Programa que presentan Oriol Sábat xunto a Anna Simón. Nel fálase dos programas e series de Cuatro.
  • Cuarto Milenio. Programa do descoñecido con Iker Jiménez.
  • Cuatrosfera. Contedor de series.
  • Del 40 al 1. Lista do Top 40 de "Los 40 Principales", con Frank Blanco e Sira Fernández.
  • El Hormiguero. Programa de humor presentado por Pablo Motos.
  • Factor X. Programa que busca talentos musicais. Presentado por Nuria Roca.
  • Guía sexual del siglo XXI.
  • Las Mañanas de Cuatro. O primeiro magazine matinal de Cuatro, presentado por Marta Fernández.
  • Las noticias del guiñol. Programa de sátira, herdado das emisións de Canal Plus.
  • Los 40 de 40. Con Sira Fernández. Música.
  • Llámame. Call show con xogos interactivos.
  • Money, money. Concurso no que se pode gañar máis dun millón de euros presentado por Josep Lobató.
  • Menudo Cuatro. Programa infantil que se emite de luns a venres pola mañá con series como Dragon Ball, Naruto ou A Pantera Rosa.
  • Nada x aquí. Programa sobre maxia con Jorge Blass, Luis Piedrahita, Jandro e Inés.
  • Noche Hache. Late night que resume as noticias máis importantes da xornada, presentado por Eva Hache.
  • Noticias Cuatro 1. Con Hilario Pino, Manu Carreño e Manolo Lama.
  • Noticias Cuatro 2. Con Mónica Sanz, Manu Carreño e Luis García.
  • Shopping. Teletienda.
  • Soy el que más sabe de televisión del mundo. Concurso sobre coñecementos televisivos presentado por Nico Abad. Foi retirado tras dúas temporadas de éxito en 2007.
  • Supermodelo. Reality para elixir á modelo que representará a España no certame Elite Model Look of the Year.
  • Todos contra el Chef. Concurso culinario presentado por Vanesa Martín, cos cociñeiros Darío Barrio (1ª Temporada) e Carlos García-Clamart (2ª Temporada).

Series[editar | editar a fonte]

  • Alerta Cobra.
  • Alias.
  • Anatomía de Grey.
  • Crossing Jordan.
  • Embrujadas:
  • Entre Fantasmas.
  • Eureka.
  • Friends.
  • Genesis: En la mente del asesino:
  • House.
  • Joey (serie).
  • Las Vegas.
  • Los Simuladores:
  • Más alla del Límite.
  • Matrimonio con hijos.
  • Medium.
  • Queer as Folk (USA).
  • Rebelde Way.
  • Roma.
  • Todo el mundo odia a Chris.
  • Twin Peaks.
  • Humor Amarillo.
  • NCIS-Los Angeles.

Debuxos animados[editar | editar a fonte]

Telerrealidade-concursos[editar | editar a fonte]

  • La Casa de Cristal. Con Ana García Lozano.
  • Supernanny.
  • Supermodelo 2006. Con Judith Mascó.
  • SOS Adolescentes.
  • Factor X.
  • Soy lo que como.
  • Desnudas.

Docu Shows[editar | editar a fonte]

  • Callejeros.
  • Campeonísimos.
  • Hipódromo.
  • Hospital.
  • 1 Equipo.
  • Naturistas.

Prime time[editar | editar a fonte]

  • Luns: Factor X
  • Martes: Cinco Hermanos
  • Mércores: Entre fantasmas e Las Voces De Los Muertos
  • Xoves: Anatomía de Grey
  • Venres: Benidorm, Callejeros e Soy Lo Que Como
  • Sábado: Campeonisimos e Cine Cuatro
  • Domingo: Factor eXtra, Cuenta atrás e Cuarto Milenio

Audiencias[editar | editar a fonte]

Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaboradas en España por TNS.[1][2] Están en letra grosa e vermello os meses en que foi líder de audiencia.

Ano Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Media anual
2005 - - - - - - - - - - 4,2%** 4,9% 0,8%[3]
2006 5,0% 5,3% 5,6% 5,8% 6,2% 7,5% 7,1% 6,8% 6,5% 6,7% 7,0% 7,2% 6,4%[3]
2007 7,5% 7,5% 7,7% 7,8% 8,1% 8,1% 7,8% 7,3% 7,2% 7,4% 7,8% 7,8% 7,7%[3]
2008 8,3% 8,6% 8,7% 9,1% 7,8% 13,1%* 8,0% 7,6% 7,7% 7,5% 8,2% 8,4% 8,6%[3]
2009 8,5% 9,0% 9,0% 9,0% 8,6% 8,9% 7,5% 7,5% 7,4% 7,9% 7,8% 7,6% 8,3%[3]
2010 7,3% 6,3% 6,7% 6,9% 6,5% 8,6% 7,7% 7,2% 7,5% 7,0% 6,6% 6,5% 7,0%[3]
2011 6,3% 6,5% 6,5% 6,4% 6,3% 6,4% 6,1% 5,9% 5,7% 6,0% 5,5% 5,8% 6,1%[3]
2012 6,0% 6,3% 6,4% 5,9% 5,5% 6,8% 5,7% 5,5% 5,9% 5,6% 5,7% 6,2% 6,0%[3]
2013 5,8% 6,2% 5,9% 5,6% 5,8% 6,4% 6,0% 6,1% 6,4% 5,9% 5,8% 5,7% 6,0%[3]
2014 6,2% -

1. Comezou a súa primeira emisión o 7 de novembro | * Máximo histórico | ** Mínimo histórico

Notas[editar | editar a fonte]

  1. FormulaTV - Audiencias
  2. "Videorating - Informe de audiencias". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2009. Consultado o 10 de xullo de 2011. 
  3. 3,03,13,23,33,43,53,63,73,8 Redacción (3 de enero de 2014). FormulaTV, ed. "Telecinco gana 2013 con un 13,5%, frente al 13,4% de Antena 3". Barlovento Comunicación. Madrid: Noxvo Editorial. Consultado o 5 de xaneiro de 2014. Evolución anual de cadenas desde 2000 en adelante 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cuatro&oldid=4886021"