Daniel Barredo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Daniel Barredo Ibáñez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Daniel Barredo
Daniel barredo.jpeg
Nacemento1981
 Bilbao
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Daniel Barredo Ibáñez, nado en Bilbao o 24 de xuño de 1981, é un escritor vasco en lingua castelá, coñecido como Daniel Barredo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu en cidades como Leeds, Londres ou Budapest, onde exerceu diversos empregos. Está licenciado en Filología Hispánica e en Comunicación Audiovisual pola Universidad de Granada. É doutor en Periodismo pola Universidad de Málaga[1] cunha tese sobre a caracterización informativa do rei Juan Carlos I de España na prensa dixital.

Obra[editar | editar a fonte]

Prosa[editar | editar a fonte]

En decembro de 2011 gañou o certame Andalucía Joven de Narrativa coa novela A viaxe a Budapest (El viaje a Budapest),[2] publicada pola editorial Berenice en marzo de 2012, dentro da colección Nova. É unha novela xeracional ambientada en Granada e Budapest, tratando temas como a sexualidade, a literatura, as expectativas vitais ou a situación económica e laboral.

En xaneiro de 2012 gañou o III Premio Plan Joven do concello de Granada coa novela La rebelión de las tortugas.

O seu último traballo é El tabú real. La imagen de una monarquía en crisis[3], publicado en 2013.

Poesía[editar | editar a fonte]

En 2003 publicou El fruto del deseo, e o seu segundo poemario foi Oda a la miseria, gañador do premio Federico García Lorca e publicado por Point de Lunettes en 2009.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Daniel_Barredo&oldid=5113558"