David Goldar Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
David Goldar
Información persoal
Nome completo David Goldar Gómez
Nacemento 15 de setembro de 1994 (24 anos)
Lugar Portas, Galiza
Altura 1.83 m
Posición Defensa
Información de club
Club actual Pontevedra
Carreira xuvenil
2004–2013 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2016 Celta B 74 (5)
2014–2016 Celta de Vigo 2 (0)
2016–2017 Ponferradina 11 (0)
2017– Pontevedra 0 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

David Goldar Gómez, nado en Romai (Portas) o 15 de setembro de 1994, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de defensa central e o seu equipo actual é o Pontevedra CF do grupo I da Segunda División B Española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo, sendo capitán do equipo na categoría de xuvenil en División de Honra. No ano 2013 pasou a formar parte do equipo do Celta de Vigo B[1][2], debutando co primeiro equipo o 3 de maio ante o CA Osasuna[3].

O 15 de xuño de 2017, anunciouse a súa fichaxe polo Pontevedra CF.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 14 de xaneiro de 2014. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 14 de xaneiro de 2014. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2014. Consultado o 04 de maio de 2014. 
  4. David Goldar, nuevo refuerzo del Pontevedra CF

Véxas tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=David_Goldar_Gómez&oldid=4982693"