Delfín Mein Estévez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Delfín Mein Estévez
Nacemento1869
 Ribadavia
Falecemento24 de xaneiro de 1929
 Vilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Delfín Mein Estévez, que asinaba como Delfín M. Estévez, nado en Ribadavia en 1869 e finado en Vilagarcía de Arousa o 24 de xaneiro de 1929[1], foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Instalouse en Vilagarcía de Arousa en 1890. Foi correspondente en Vilagarcía de Gaceta de Galicia e El Noroeste redactor de El Liberal e director de Galicia Nueva. Participou nas campañas e mitins de Acción Gallega. Foi candidato das Federacións agrarias de Cambados á deputado provincial polo distrito de Caldas-Cambados en 1914, pero non foi proclamado pola Xunta Electoral de Pontevedra. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Vilagarcía de Arousa.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en primeiras nupcias con Antonia Cosío, que finou en 1904.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en Diario de Pontevedra, 25-1-1929, p. 2.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Delfín_Mein_Estévez&oldid=4764939"