Demultiplexor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esquema dun demultiplexor 1 a 2. Pode ser comparado a un conmutador controlado.

En electrónica dixital, un demultiplexor é un circuíto combinacional que ten unha entrada de información de datos d e n entradas de control que serven para seleccionar unha das 2n saídas, pola que ha de saír o dato que presente na entrada. Isto conséguese aplicandolles ás entradas de control a combinación binaria correspondente á saída que se desexa seleccionar. Por exemplo, de querermos que a información que temos na entrada d, saia pola saída S4, na entrada de control hase de pór, de acordo co peso desta, o valor 100, que é o 4 en binario.

No campo das telecomunicacións o demultiplexor é un dispositivo que pode recibir a través dun medio de transmisión compartido un sinal complexo multiplexado e separar os distintos sinais integrantes deste encamiñándoos ás saídas correspondentes.

O sinal complexo pode ser tanto analóxico como dixital e estar multiplexado en calquera das distintas formas posíbeis para cada unha deles.

Diagrama lóxico dun demultiplexor 1 a 4.

O demultiplexor é un circuíto combinacional que aínda que a función básica é a que explicamos, pode utilizarse en moitos casos como decodificador e adopta calquera das funcións que un decodificador realiza.

Unha aplicación moi práctica dos demultiplexores utilizados como decodificadores, de o combinarmos cunha porta NON-E NAND, é a xeración de funcións lóxicas, de modo, que se nos dan a función lóxica F=S3(2,4,5,7), as saídas correspondentes aos uns lóxicos conectaríanse á porta NON-E. Neste caso a entrada de información pódese utilizar como entrada inhibidora de a mantermos a cero lóxico, e subíndoa a un, cando queremos inhibir a xeración da función.

Unha das funcións que realiza o decodificador hexadecimal como demultiplexor, é a función de conectar, a senllos contadores, C0 a C15, que reciben os impulsos dunha entrada común a todos. Cada un posúe unha entrada de inhibición que segundo o estado en que se atopa (0,1), permite ou non que se realice a contaxe dos impulsos. Cada entrada de inhibición conéctase a unha saída do demultiplexor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Demultiplexor&oldid=4530182"