Depresión Central Catalá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Unidades morfoestruturais de Cataluña:
     Pireneo      Prepireneo      Depresión Central      Pequenas estribacións na Depresión Central      Cordilleira Transversal      Cordilleira Prelitoral      Cordilleira Litoral      Depresións litoral e prelitoral e outras chairas costeiras

A Depresión Central (en catalán: Depressió Central) é unha chaira situada no centro de Cataluña, que ocupa o sur da provincia de Lleida e o centro da de Barcelona. Esténdese entre o Prepireneo e as Cordilleiras Costeiras, abríndose cara a poñente, onde enlaza coa Depresión do Ebro como a súa prolongación oriental.

Características[editar | editar a fonte]

Dende o punto de vista físico trátase dunha sucesión de altiplanos de entre 800 e 1000 metros de altitude que van perdendo altura (ata os 100 metros) cara o oeste ata chegar ao Val do Ebro. Limitando estas alturas, esténdense concas de erosión que foron escavando os ríos ao atopar materiales brandos como arxilas ou margas, como é o caso da chaira do Bages e da Conca de Barberà-

A chaira do Bages, na Depresión Central.

Os límites da Depresión Central varían segundo se os consideramos dende o punto de vista do relevo ou da súa formación, xa que algúns macizos como o de Montserrat ou Sant Llorenç del Munt, xeográficamente situados na Cordilleira Prelitoral, están formados por materiales formados na mesma época que os da Depresión Central coa que están en contacto, depositados enriba das rochas máis antigas do Sistema Mediterráneo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Depresión_Central_Catalá&oldid=4994550"