Deputación Xeral de Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Real Casa da Misericordia, sede do Goberno de Aragón.

A Deputación Xeral de Aragón ou Goberno de Aragón (oficialmente: Diputación General de Aragón) é o órgano de goberno que representa o poder executivo da Comunidade Autónoma de Aragón, nacido durante a Transición Española como órgano executivo preautonómico, e unha das institucións propias que integran a Comunidade Autónoma, xunto ás Cortes de Aragón (poder lexislativo), e o presidente da Deputación Xeral, elixido polas Cortes.

A súa sede principal áchase na Real Casa da Misericordia en Zaragoza, edificio tamén chamado El Pignatelli. Ten a súa orixe histórica na Deputación do Xeneral do Reino de Aragón ou Generalidad de Aragón, vixente entre 1364 e 1708.

Composición[editar | editar a fonte]

O seu Presidente é elixido polas Cortes de Aragón. A día de hoxe conta con 10 membros, entre Conselleiros e a presidenta do executivo, Luisa Fernanda Rudi.[1][2]

Cargo Nome
Presidencia da Deputación Xeral de Aragón Luisa Fernanda Rudi (PP)
Departamento de Presidencia e Xustiza Roberto Bermúdez de Castro (PP)
Departamento de Facenda e Administración Pública José Luis Saz Casado (Indep.)
Departamento de Economía e Emprego Francisco Bono Ríos (Indep.)
Departamento de Obras Públicas, Urbanismo, Vivenda e Transportes Rafael Fernández de Alarcón (Indep.)
Departamento de Política Territorial e Interior Antonio Suárez Oriz (PP)
Departamento de Agricultura, Gandería e Medio Ambiente Modesto Lobón Sobrino (PP)
Departamento de Industria e Innovación Arturo Aliaga López (PAR)
Departamento de Educación, Universidade, Cultura e Deporte María Dolores Serrat (PP)
Departamento de Sanidade, Benestar Social e Familia Ricardo Oliván Bellosta (PP)

Presidentes[editar | editar a fonte]

Réxime preautonómico

  • 1978–1981: Juan Antonio Bolea Foradada (UCD)
  • 1981–1982: Gaspar Castellano y de Gastón (UCD)
  • 1982: Gaspar Castellano y de Gastón (UCD/Independentes)
  • 1982: José María Hernández de la Torre y García (UCD/Independentes)
  • 1982–1983: Juan Antonio de Andrés Rodríguez (UCD/Independentes)

Réxime autonómico

  • 1983–1987 (I lexislatura): Santiago Marraco Solana (PSOE-Aragón)
  • 1987–1991 (II lexislatura): Hipólito Gómez de las Roces (Coalición PAR-PP)
  • 1991–1993 (III lexislatura): Emilio Eiroa García (Coalición PAR-PP)
  • 1993–1995 (III lexislatura): José Marco Berges (PSOE-Aragón)
  • 1995–1995 (III lexislatura): Ramón Tejedor Sanz (en funcións) (PSOE-Aragón)
  • 1995–1999 (IV lexislatura): Santiago Lanzuela Marina (Coalición PP-PAR)
  • 1999–2011 (V, VI e VII lexislaturas): Marcelino Iglesias Ricou (Coalición PSOE-Aragón/PAR)
  • 2011–actualidade (VIII lexislatura): Luisa Fernanda Rudi (Coalición PP-PAR)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Deputación_Xeral_de_Aragón&oldid=4850965"