Diego Calvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Diego Calvo Pouso")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diego Calvo
Nacemento1975
 San Sadurniño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Diego Calvo Pouso, nado en San Sadurniño en 1976, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Económicas, especialidade de Facenda Pública e Sistema Fiscal. Foi presidente de Novas Xeracións. Foi deputado autonómico dende febreiro de 2003. En 2009 foi nomeado delegado da Xunta para a provincia da Coruña[1]. Nas eleccións municipais de 2011 resultou elixido concelleiro en Ferrol grazas ó cal foi nomeado deputado provincial e accedeu á presidencia da Deputación da Coruña o 12 de xullo de 2011.

Nas eleccións municipais de 2015 foi elixido de novo concelleiro en Ferrol, como número dous da lista do PP[2], e deixou a presidencia da Deputación tralo pacto acadado entre PSdeG-PSOE e o BNG, pasando a ser voceiro do PP na oposición[3].

É Secretario provincial do PPdeG da Coruña e Vicesecretario do PPdeG. É vicepresidente do Parlamento de Galicia dende setembro de 2016


Predecesor:
Salvador Fernández Moreda
 Escudo de la provincia de A Coruña.svg
Presidente da Deputación da Coruña
 
20112015
Sucesor:
Valentín González Formoso

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Diego_Calvo&oldid=4714253"