Distrito de Évora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Distrito de Évora
Localización do Distrito de Évora

Évora é un distrito portugués pertencente á província tradicional do Alto Alentexo. Limita ao norte co Distrito de Santarém e o Distrito de Portalegre, ao leste con España, ao sur co Distrito de Beja e ao oeste co Distrito de Setúbal. Abrangue unha área de 7393 km², o cal o converte no segundo maior distrito portugués, só superado polo de Beja. Conta cunha poboación residente de 170.535 habitantes (2006), e a súa capital é a cidade de Évora.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

O distrito de Évora subdivídese nos seguintes 14 concellos:

  • Alandroal
  • Arraiolos
  • Borba
  • Estremoz
  • Évora
  • Montemor-o-Novo
  • Mora
  • Mourão
  • Portel
  • Redondo
  • Reguengos de Monsaraz
  • Vendas Novas
  • Viana do Alentejo
  • Vila Viçosa

Na división de Portugal en NUTS II, o distrito intégrase na rexión Alentexo e corresponde case integramente á subrexión do Alentexo Central, que se completa cun concello do Distrito de Portalegre: Sousel. Mora, en contrapartida, intégrase na subrexión do Alto Alentexo. En resumo:

  • Rexión Alentexo
    • Alentexo Central
      • Alandroal
      • Arraiolos
      • Borba
      • Estremoz
      • Évora
      • Montemor-o-Novo
      • Mourão
      • Portel
      • Redondo
      • Reguengos de Monsaraz
      • Vendas Novas
      • Viana do Alentejo
      • Vila Viçosa
    • Alto Alentexo
      • Mora

Xeografía física[editar | editar a fonte]

A xeografía física do distrito de Évora é bastante uniforme, dominada case por completo por unha paisaxe de chaira, con altitudes que na maior parte do territorio oscilan entre os 200 e os 400 m, interrompida por vales e serras con vertentes pouco inclinadas e sementada de encoros relativamente extensos.

A única excepción é o val do río Guadiana, que atravesa o extremo sueste do distrito e que por veces é bastante profundo. Destaca a rexión de Alqueva, onde o val chega ter mais de 100 m de profundidade relativa cos terreos circundantes. Por ese motivo, escolleuse esa localización para a construción do encoro de Alqueva, que de estar completamente cheo orixina o maior lago artificial de Europa.

O Guadiana é o centro dunha das tres concas hidrográficas nas que se divide o distrito, sendo a súa a que máis territorio ocupa no distrito. Os seus afluentes son unha serie de regatos que, en xeral, corren de noroeste a sueste e desaugan na marxe dereita do río (Degebe, Álamo, Azebel, Lucefece), aínda que a marxe esquerda tamén recibe o regato de Alcarache, que ven de España e flúe de nordeste a suroeste. O terzo occidental do distrito divídese entre as concas hidrográficas do Sado, ao sur, e do Texo, ao norte. Cara o Sado flúen ríos e regatos cun curso xeralmente de nordeste a suroeste ou de leste a oeste (río Xarama e regato de Odivelas, Alcáçovas, São Cristóvão, São Martinho, Marateca etc.); cara o Tejo corren regatos que no distrito teñen un curso xeralmente de sueste a noroeste (regatos de Canha, Lavre, Vide, Divor, Raia etc.).

A maior parte destes pequenos cursos de auga nacen nunha das serras de pequena altitude que interrompen a chaira: a serra de Monfurado ao oeste (424 m de altitude máxima), a serra de Mendro ao sur (412 m) e a serra de Ossa ao norte (653 m).

O distrito ten bastantes encoros. Alén do mencionado encoro de Alqueva no Guadiana, está o encoro de Monte Novo no regato de Degebe, a albufeira de Torres no regato de Azambuja, o encoro da Vigia nun afluente do regato de Pardiela, o encoro de Lucefece no regato homónimo, o encoro do Alvito (aínda que a presa estea no distrito de Beja) no regato de Odivelas, o encoro de Nossa Senhora da Tourega no regato das Alcáçovas e o encoro do Divor no regato homónimo. Hai aínda varios encoros máis pequenos.

Varios monumentos e lugares importantes, especialmente o Templo Romano, a Sé, a Biblioteca Pública, numerosas igrexas, o Palácio de D. Manuel, a Praça do Giraldo, entre outros.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Cidade de Évora, que é Patrimonio da Humanidade, co seu Templo Romano e a súa Sé entre outros monumentos.
  • Castelo e Pazo Ducal de Vila Viçosa
  • Vila e castelos de Estremoz
  • Castelo de Montemor-o-Novo
  • Fortificacións da Vila de Monsaraz
  • Castelo de Arraiolos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Distrito_de_Évora&oldid=4851415"