Doma y castración del Reino de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

"Doma y castración del Reino de Galicia" é unha expresión referida por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como orixinaria de Zurita, así como un lugar común da historia de Galiza.

Historia da expresión[editar | editar a fonte]

Mapa histórico que recolle os territorios e reinos en posesión dos Reis Católicos arredor do ano 1500. Destacan raiados últimos reinos sometidos ou anexionados polos monarcas castelán-aragoneses

A expresión parte dun discurso parlamentar sobre o Proxecto de Constitución:

"Desde que os chamados Reis Católicos verificaron o feito que Zurita chamou a doma e castración do Reino de Galicia, a lingua galega quedou prohibida na Administración, nos Tribunais, na ensinanza, e na Igrexa evitando que nós , os galegos, pregásemos na nosa propia lingua."[1]

Está baseado, á súa vez, no texto contido nos Anales de Aragón[2] do devandito Jerónimo Zurita, cando no capítulo LXIX do Libro XX, titulado "Que o conde de Lemos entregou ao rei a fortaleza de Ponferrada; e da ida do rei a Galicia para asentar as cousas da xustiza"[3] di:

"Galicia reduciuse ás leis da xustiza, onde o rei puxo audiencias. Naquel tempo comezouse a domar aquela terra de Galicia, porque non só os señores e cabaleiros dela mais tamén todas as xentes daquela nación eran os uns contra os outros moi arriscados e guerreiros, e vendo o que pasaba polo conde -que era gran señor naquel reino- fóronse achaiando e reducindo as leis da xustiza con rigor do castigo."[4]

Malia que aquel foi o primeiro uso da expresión rexistrado, foi o comentario feito en Sempre en Galiza o que marcou a xeracións de galeguistas:

"Escoitade o que di Santillana: "..non há mucho tiempo cualesquier decidores é trovadores destas partes, agora fuesen castellanos, andaluces o de la Estremadura, todos sus obras componian en lengua gallega o portuguesa". Foi preciso executar a "doma y crastración de Galicia" para que enmudéceramos; pero a nosa lingoa sigueu frorecendo en Portugal, e o pobo galego non quixo esquecela."[5]

Tanto o ambiguo do texto como as interpretacións posteriores darían lugar a unha confusión en que se xuntaron nun único acto de "doma y castración" un conxunto de feitos separados e que non todos foran influenciados polos reis Católicos:

  • O declive da literatura galego-portuguesa de arredor do ano 1350
  • A centralización administrativa e o control do Reino de Galiza que se dá como finalizada, esta si, coa viaxe a Santiago de Compostela dos Reis Católicos en 1486.
  • A asunción do castelán como lingua das clases altas e da administración comezada xa no século XIII e que foi avanzando paulatinamente en diversos campos e aínda non rematou.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García Fernández, Xosé Lois (1978). Castelao, Otero Pedrayo, Suárez Picallo, Villar Ponte. Discursos parlamentarios (1931-1933). Sada: Ediciós do Castro. p. 16. ISBN 9788485134915.  Resaltado propio. Texto orixinal: «Desde que los llamados Reyes Católicos verificaron el hecho que Zurita llamó la doma y castración del Reino de Galicia, la lengua gallega ha quedado prohibida en la Administración, en los Tribunales, en la enseñanza, y en la Iglesia evitando que nosotros , los gallegos, rezásemos en nuestra propia lengua.».
  2. Zurita Castro, Jerónimo (2003). Institución Fernando el Católico, ed. "Libros en red: Anales de Aragón. Libros XIX y XX" (PDF). ifc.dpz.es (en castelán). p. 275. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25-10-2007. Consultado o 12-7-2019. 
  3. No orixinal en castelán é "Que el conde de Lemos entregó al rey la fortaleza de Ponferrada; y de la ida del rey a Galicia para asentar las cosas de la justicia".
  4. Resaltado propio. No orixinal: «Galicia se redujo a las leyes de la justicia, a donde el rey puso audiencias. En aquel tiempo se comenzó a domar aquella tierra de Galicia, porque no sólo los señores y caballeros della pero todas las gentes de aquella nación eran unos contra otros muy arriscados y guerreros, y viendo lo que pasaba por el conde -que era gran señor en aquel reino- se fueron allanando y reduciendo a las leyes de la justicia con rigor del castigo. Volvió el rey de Galicia a Salamanca en fin del mes de noviembre, y desde aquella ciudad se envió su audiencia real formada a Galicia, para que residiese en aquel reino y con la autoridad de los gobernadores y jueces que allí presidiesen y con rigurosa ejecución se administrase la justicia; y el arzobispo de Santiago les entregó su iglesia habiendo pasado por el estado del conde de Lemos y por todas las otras tierras de señores que hay hasta llegar a su arzobispado sin ser recibidos los oidores: tan duros y pertinaces estaban en tomar el freno y rendirse a las leyes que los reducían a la paz y justicia, que tan necesaria era en aquel reino, prevaleciendo en él las armas y sus bandos y contiendas ordinarias, de que se siguían muy graves y atroces delitos y insultos. En esto y en asentar otras cosas, se detuvieron algunos días el rey y la reina en la ciudad de Salamanca.».
  5. A. Rodríguez Castelao: Sempre en Galiza, 2ª edición Galaxia, Vigo, 1986, páxina 47

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Doma_y_castración_del_Reino_de_Galicia&oldid=5195026"