Domingo de Ramos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Procesión da Pollinica, en Málaga

Para os cristiáns, o Domingo de Ramos é o primeiro día da Semana Santa, período en que conmemoran a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús de Nazaret. Iníciase rememorando a Entrada de Xesús en Xerusalén. A data de celebración varía cada ano, sempre na contorna dos meses de marzo e abril.

A liturxia do Domingo de Ramos comeza coa bendición das palmas e ramas de oliveira.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Domingo_de_Ramos&oldid=4484029"