Doutrina xurídica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A doutrina xurídica é a opinión dos xuristas expertos e estudosos do dereito, plasmada en obras, manuais, estudos e traballos. A doutrina xurídica non constitúe fonte do dereito, mais, ao se tratar de opinións autorizadas, é invocable polo avogado diante dos xulgados e tribunais, como apoio ás alegacións, ou polos técnicos a hora de redactar un informe. Na práctica só se acode á doutrina cando a lei non resolve as dúbidas e non existe xurisprudencia aplicable ao caso, ou esta é confusa ou vacilante.

A doutrina xurídica é unha manifestación da liberdade de pensamento e opinión, é por iso é frecuente que existan distintas doutrinas arredor dunha mesma cuestión.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Doutrina_xurídica&oldid=4794514"