Edgar Neville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Edgar Neville
Edgar Neville.JPG
Neville en 1936
Nome completoEdgar Neville Romrée
Nacemento28 de decembro de 1899
LugarMadrid, España
Falecemento23 de abril de 1967 (67 anos)
LugarMadrid
NacionalidadeEspaña España
Educado enColegio Nuestra Señora del Pilar
Parella(s)Ángeles Rubio-Argüelles y Alessandri
ProfesiónDirector
editar datos en Wikidata ]

Edgar Neville Romrée, Conde de Berlanga de Duero, nado en Madrid o 28 de decembro de 1899 e finado na mesma cidade o 23 de abril de 1967 foi un dramaturgo e director de cinema español, membro da "outra" Xeración do 27.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Neville naceu en Madrid, fillo de Edward Neville Riddlesdale, enxeñeiro inglés que foi o director da súa propia compañía de enxeñaría en España, Julius G. Neville & Co, Liverpool, máis tarde a Anglo-Spanish Motor Company. A súa nai foi Mary Romrée y Palacios, filla dos condes de Berlanga de Duero.

Durante a década de 1930 viviu en Hollywood, cando se rodaban versións en castelán dos filmes en inglés dos estudios. Escribiu diálogos para a Metro-Goldwyn-Mayer e conseguiu éxito pola adaptación de The Big House, de George Hill (1930).

Durante a Guerra Civil Española dirixiu curtametraxes de propaganda para o bando franquista e tamén dirixiu tres filmes en Roma.

Os filmes que dirixiu nas décadas de 1940 e 1950 mesturaban realismo e romanticismo.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • El presidio (1930)
  • Yo quiero que me lleven a Hollywood (1931)
  • Do, Re, Mi, Fa, Sol, La, Si, o La vida privada de un tenor (1934)
  • El malvado Carabel (1935)
  • La señorita de Trévelez (1936)
  • Juventudes de España (1938)
  • La Ciudad Universitaria (1938) - documental
  • Vivan los hombres libres (1939)
  • Santa Rogelia (1939)
  • Frente de Madrid (1939)
  • Verbena (1941)
  • Sancta Maria (1942)
  • La parrala (1942)
  • Correo de Indias (1942)
  • Café de París (1943)
  • La torre de los siete jorobados (1944)
  • Domingo de carnaval (1945)
  • La vida en un hilo (1945)
  • El crimen de la calle Bordadores (1946)
  • El traje de luces (1946)
  • Nada (1947)
  • El marqués de Salamanca (1948)
  • El señor Esteve (1948)
  • El último caballo (1950)
  • Cuento de Hadas (1951)
  • El cerco del diablo (1951)
  • Duende y misterio del flamenco (1952)
  • La ironía del dinero (1955)
  • El baile (1959)
  • Mi calle (1960)

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Don Clorato de Potasa (1929)
  • Margarita y los hombres (1934)
  • El baile (1952)
  • La niña de la calle del Arenal (1953)
  • Torito bravo (novela, 1955)
  • Mi España particular (libro de viaxes, 1957)
  • La piedrecita (obra en tres actos, 1957)
  • Alta fidelidad (obra cómica en dous actos, 1960)
  • Flamenco y cante jondo (1963)
  • Las terceras de ABC (recompilación de artigos publicados no ABC, editados póstumamente por Editorial Prensa Española en 1976)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • María Luisa Burguera Nadal, Edgar Neville: entre el humorismo y la poesía, Servicio de Publicaciones, Diputación Provincial, Málaga, 1994.
  • María Luisa Burguera Nadal, Edgar Neville. Entre el humor y la nostalgia. Institució Alfons el Magnànim, Valencia, 1999.
  • Felix Monguilot Benzal, Volver al frente: reconstrucción de la película Frente de Madrid (1939) de Edgar Neville, in Juan A. Ríos Carratalá (ed.), “Universo Neville”, Instituto Municipal del libro, Málaga, 2007, pp. 145 – 166.
  • Julio Pérez Perucha, El cinema de Edgar Neville, 27 Semana Internacional de Cine, Valladolid, 1982.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Edgar_Neville&oldid=4636659"