Eduardo Lamas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eduardo Lamas Sánchez

People's Party (Spain) Logo (2008-2015).svg
Portavoz do PPdeG na Corporación municipal da Coruña
2006 – 2007
Precedido por Fernando Rodríguez Corcoba
Sucedido por Carlos Negreira Souto

Escudo de A Coruña.svg
Concelleiro na Corporación Municipal da Coruña
2003 – 2007

Datos persoais
Nacemento 24 de xaneiro de 1955 (64 anos)
Coruña, Galicia Galicia
Partido Partido Popular
Profesión Dirixente deportivo, profesor e político
Residencia A Coruña

Eduardo Lamas Sánchez, nado na Coruña o 24 de xaneiro de 1955, é un dirixente e político galego do Partido Popular.

Traxectoria persoal e profesional[editar | editar a fonte]

Licenciado en Educación Física polo I.N.E.F. de Barcelona. Adestrador Nacional de Hóckey sobre Patíns. Mestría en Fútbol (I.N.E.F.) Foi profesor de Educación Física en diferentes centros de Cataluña, en Preescolar, EXB e BUP. Colaborador na estruturación e organización dos Servizos Deportivos de diferentes Concellos de Cataluña. Profesor do departamento de Educación Física da Universidade Autónoma de Barcelona. Profesor de Educación Física dos Centros de Iniciación Técnico-Deportivo (C.I.T.D.) da Secretaría Xeral para o Deporte da Generalitat de Cataluña. Funcionario de Carreira, en Comisión de Servizos, do corpo de Profesores Agregados de Bacharelato. Funcionario de Carreira, en excedencia, do Corpo de Profesores en Formación Profesional.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Lamas ten sido coordinador do Área de Deportes da Deputación da Coruña de 1987 a 1989. Subdirector Xeral de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Vicepresidente da Comisión Nacional de Deportes do Partido Popular, desde o mes de marzo de 1994. Membro da Comisión Directiva do Consello Superior de Deportes desde 1999. Foi Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia de 1991 a 2003. En 1998 foille concedida a "Medalla de Prata ó Mérito Deportivo".

Concelleiro polo Partido Popular no Concello da Coruña en 2003, foi o seu portavoz trala marcha de Fernando Rodríguez Corcoba do grupo municipal[1], sendo relevado en 2007 por Carlos Negreira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Francisco Espiñeira (2006-06-06). "Eduardo Lamas asume el mando del grupo municipal del PP". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-06-25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eduardo_Lamas&oldid=4989929"