Eduardo Vilariño Magdalena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Eduardo Vilariño Magdalena
Eduardo Vilariño Magdalena.jpg
Nacemento 18 de febreiro de 1868
  Soñeiro
Falecemento 4 de outubro de 1916
  Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación xurista, notario, catedrático de universidade e político
Xéneros Publicacións xurídicas
Estudos Dereito
editar datos en Wikidata ]

Eduardo Vilariño Magdalena, nado en Soñeiro (Sada) o 18 de febreiro de 1868[1] e finado en Santiago de Compostela o 4 de outubro de 1916,[2] foi un xurista, notario, catedrático de universidade e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

O 18 de xuño de 1891 obtivo o grao de Licenciado en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e o 5 de xuño de 1896 acadou o grao de Doutor,[1] na Universidad Central de Madrid.

Carreira académica[editar | editar a fonte]

Desde xaneiro de 1895 a xuño de 1896 foi profesor auxiliar extraordinario da Universidade de Santiago. O 19 de maio de 1896 obtivo, por concurso, o cargo de profesor auxiliar extraordinario da Facultade de Dereito de Santiago, cargo que desempeñou até o 19 de decembro de 1898, data na que obtivo, por oposición, a cátedra de Elementos de Derecho Natural da Universidade de Santiago. En 1899 foi nomeado Secretario da Facultade de Dereito.[1]

En 1909 leu o discurso de apertura do curso académico 1909-1910 desta universidade, co título de Enseñanza del Derecho en las Universidades.[3]

Actividade política[editar | editar a fonte]

Desde 1897 a 1899 foi segundo tenente de alcalde do Concello de Santiago e no bienio 1899-1901, primeiro tenente de alcalde. Foi presidente da Comisión Municipal de Instrución Pública de Santiago desde o 5 de xullo de 1897 ao 31 de decembro de 1901.
Desde 1904 a 1906 foi alcalde do Concello de Santiago.[1]

Outras actividades[editar | editar a fonte]

Foi avogado do Colexio de avogados da cidade de Santiago desde o 25 de abril de 1892. En 1894 obtivo por oposición praza de notario, e foi nomeado para exercer en Baltar. Foi socio de mérito da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago entre 1906 e 1911, e presidente da Comisión Curadora das Escolas desta Sociedade e vicerreitor da corporación. Asimesmo foi socio correspondente da Real Sociedad Económica Montillana de Amigos del País.[1]

En 1898 foi presidente da Sección de Ciencias Morais e Políticas do Ateneo León XII, e vicepresidente do mesmo centro en 1899, socio numerario da Liga Protectora da Educación Nacional e socio de mérito da Sociedade Unión-Obreira Benéfica e Instrutiva Rexional de Santiago.[1]

Durante o bienio 1895-1897 foi xuíz municipal suplente de Santiago.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Invocación pronunciada en la Santa Iglesia Catedral de Santiago el día 30 de diciembre de 1898 como segundo teniente alcalde, presidente interino del Excmo. Ayuntamiento, en el acto de presentar la ofrenda nacional al Patrón de las Españas por delegación de S.M. el rey D. Alfonso XIII y de S.M. la reina regente Dña. María Cristina. Santiago: Escuela tipográfica municipal.
  • Programa de Elementos de Derecho natural. Santiago, 1899, Imprenta de José M. Paredes.
  • Moción presentada al Excmo. Ayuntamiento en la sesión del 21 de noviembre de 1900 como alcalde, presidente interino de la corporación, acerca del ensanche de la plaza del Toral. Santiago, 1900, Escuela Tipográfica Municipal.
  • Discurso leído en la Universidad de Santiago en la solemne inauguración del curso académico de 1909-1910. Santiago, 1909, Imprenta de José M. Paredes.
  • Curso de Derecho Penal (con I. Rovira Carreró), Santiago, 1912. Tipografía de El Eco de Santiago.

Legado[editar | editar a fonte]

En setembro de 2010 a Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela arrequeceu os seus fondos ao recibir un importante donativo do profesor Eduardo Vilariño Pintos, neto de Eduardo Vilariño Magdalena. Trátase da biblioteca que foi do seu avó, completada polo seu pai José Vilariño de Andrés-Moreno até 1935. Consta de algo máis de 400 exemplares entre libros, discursos, folletos e algún manuscrito que, en conxunto, constitúe unha colección de indubidábel valor histórico, testemuñal e bibliográfico con obras que se remontan ao século XVI.[4]

En realidade, a doazón de Eduardo Vilariño Pintos comezara hai xa anos cunha primeira entrega á antiga biblioteca da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de exemplares do século XIX da Gaceta de Madrid, entre outros. Máis recentemente, en 2005, continuou coa achega da Jurisprudencia Civil, o que posibilitou cubrir bastantes lagoas na colección que xa tiña a Biblioteca Concepción Arenal e, sobre todo, a Jurisprudencia Criminal, da que a biblioteca tiña unha colección moi cativa, que foi substituída por esta, ao estar completa desde o Tomo 1 (1871) ao Tomo 135 (1935). Este segundo legado quedou aceptado formalmente no Consello de Goberno da USC do 22 de xuño de 2004, no que se acordou por asentimento propoñer ao Consello Social da Universidade «a aceptación da doazón de 334 volumes de xurisprudencia civil e criminal editada pola Revista de Legislación y Jurisprudencia, doados por don Eduardo Vilariño Pintos de conformidade co contrato que se anexa. O secretario xeral, no nome da USC, agradeceulle ao profesor Vilariño a súa doazón, que pasa a formar parte da Biblioteca Concepción Arenal».[5]

Aínda que o legado doado en 2010 comprende fundamentalmente obras dos séculos XIX e XX, hai que destacar outras como o Corpus Iuris Canonici emendatum et notis illustratum, en tres volumes, publicado en Lión en 1591 e en moi bo estado, ou os volumes da Novísima Recopilación de las leyes de España, ou El Fuero Viejo de Castilla, en preciosa edición da imprenta de Joachin Ibarra. Figuran nos volumes algúns ex libris que quizais merecesen un estudo pormenorizado e que nos falan das súas amizades, compañeiros e relacións. Como académico que foi, de Eduardo Vilariño Magdalena consérvanse algúns discursos ou contestacións súas. Algúns exemplares son manuais de autores italianos ou franceses, e non faltan obras de autores españois dunha época importante do dereito español.[6]


Predecesor:
Ramón Sanjurjo Pardiñas
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
1904 - 1906
Sucesor:
Lino Torre Sánchez-Somoza

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,21,31,41,51,6 Vilariño Magdalena, Eduardo en Diccionario de catedráticos de Derecho (1847.1943). Universidad Carlos III.
  2. El Correo de Galicia, 4-10-1916, p. 2.
  3. Barreiro Fernández 2003, p. 408.
  4. Méndez García 2011, p. 207.
  5. Méndez García 2011, pp. 207-208.
  6. Méndez García 2011, p. 209.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eduardo_Vilariño_Magdalena&oldid=4729986"