El Palo, Málaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 36°43′00″N 04°21′00″O / 36.71667, -4.35000

Situación do barrio na cidade de Málaga.

El Palo é un barrio de Málaga, situado no Distrito Este, a 8,7 km do centro da cidade.

Segundo o concello, limita ao norte cos barrios de Villa Cristina, Miraflores del Palo, El Drago, Las Cuevas e La Pelusa; ao leste, con Miramar del Palo; ao sur, co barrio de Playas del Palo; e ao oeste con Echeverría del Palo e Pedregalejo. Non obstante, tradicionalmente coñécese como El Palo á zona situada entre o Monte San Antón e o mar Mediterráneo delimitada polos arroios Jaboneros e Gálica, e nun sentido máis amplo, a toda a zona do extremo oriental de Málaga.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=El_Palo,_Málaga&oldid=5044534"